Outubro de 2015
 
 

NÚMERO 288 - 13/10/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Plan de Financiamento 2016-2020

O pasado día 6 realizouse unha reunión da Comisión de Asuntos Económicos. Aínda que non se chegou a analizar na xuntanza, remitíusenos o texto definitivo do Plan Galego de Financiamento 2016-2020, que, á súa vez enviara a Xunta de Galicia. Nós tampouco puidemos facer unha análise dos datos pero da primeira lectura queremos salientar o seguinte.

 

 

Diminución das plantillas de traballador@s.
 
EVOLUCIÓN DO PDI 2005-2013
 

 

2005/06

2006/07

2007/08

2008/09

2009/10

2010/11

2011/12

2012/13

SUG

5.085

5.170

5.213

5.208

5.675

5.312

5.258

5.021

Por universidade

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2005-06

2006/07

2007/08

2008/09

2009/10

2010/11

2011/12

2012/13

A Coruña

1.369

1.390

1.429

1.433

1.563

1.466

1.461

1.448

Santiago de Compostela

2.174

2.210

2.218

2.209

2.388

2.274

2.236

2.120

Vigo

1.542

1.570

1.566

1.566

1724

1572

1561

1453

 
EVOLUCIÓN DO PAS 2005-2013
 

 

2005-06

2006-07

2007-08

2008-09

2009-10

2010-11

2011-12

2012-13

SUG

2.575

2.556

2.567

2.573

2.685

2711

2702

2662

Por universidade

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2005-06

2006-07

2007-08

2008-09

2009-10

2010-11

2011-12

2012-13

A Coruña

759

755

768

804

754

758

758

747

Santiago de Compostela

1.162

1.140

1.099

1.081

1.194

1278

1267

1231

Vigo

654

661

700

688

737

675

677

684

 
Para xustificarse a Xunta non dubida en empregar estudos dos sindicatos do sistema en beneficio propio, así no documento que xutamos sinálase textualmente:
 
“O sindicato Comisións Obreiras fixo público en marzo de 2014 o estudo “Evolución dos orzamentos das universidades públicas 2009-2013”, no que analiza a evolución dos orzamentos das 50 universidades públicas existentes en España durante o último quinquenio.
 
En todos os apartados do estudo, as universidades públicas galegas ocupan unha situación privilexiada, converténdose Galicia na comunidade autónoma en que menos baixan os orzamentos totais das universidades que compoñen o seu sistema universitario.”
 
En todo caso, a circunstancia sinalada, non significa que as universidades galegas, nomeadamente a Universidade da Coruña, poida realizar a función social encomendada cos orzamentos que se lle asignan, todo o contrario. A realidade desmente a visión tan optimista que se reflicte no documento.
 
Como non podía ser doutro xeito o balance do executado que se nos presenta no Plan non podía ser mellor, recolléndose que “Como conclusión pódese afirmar que nos anos de vixencia do Plan de Financiamento do SUG 2011-2015, acadáronse sobradamente os obxectivos de financiamento”.
 
Sempre que a intención fose a diminución da calidade dos servizos que as universidades galegas prestan á sociedade, que os mozos e mozas sen capacidade económica para pagarse as matrículas tivesen, por falta de bolsas, que abandonar os estudos superiores... pode estar tranquilo o sr. Feijoo, os obxectivos cumprironse sobradamente.
 
Segundo as primeiras impresións da vicerreitora, non se cuantificara o plan, na parte estrutural (fixa) do plan a UDC recibiría unha achega superior á actual mentres que o financiamento por obxectivos diminuiría algo.
 
Parece que a UDC non vai ter moita variación nos seus ingresos no plan de financiamento o que xunto coa diminución das matrículas prefiguran unha situación difícil no económico para o vindeiro ano.

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript