NÚMERO 288 - 13/10/2015
CUTUDC / Novidades
O pasado 2 de outubro a Confederación ANPAS GALEGAS tivo a primeira xuntanza presencial deste novo curso escolar, deixando coma sempre transcorrer unhas semanas dende o inicio do curso para poder facer unha avaliación de como comezou, e de cales son as perspectivas que podemos albiscar con ese comezo.
Dende o noso
punto de vista o que marcou o inicio deste curso
escolar foron dúas circunstancias moi concretas:
– A desorganización en canto á xestión e
información sobre os libros de texto e o material
escolar. Este curso é o primeiro logo da
implantación dos chamados “fondos solidarios”, un
procedemento que deixou fóra a moitas familias, que
provocou unha sobrecarga de traballo para os
equipos directivos, que aínda hoxe non resolveu as
necesidades de aqueles que tiñan dereito a libros
pero para os que non había libros abondo para
repartir, que descubriu os enormes erros dunha
estrutura administrativa, a da xestión das
devolucións dos libros mercados co cheque no curso
anterior, que está moi lonxe de ser exacta nin
rigorosa, e que lle reclamou libros a quen non os
mercara, imputoulles materias a quen mercara
outras, e fixo recaer sobre as familias a
responsabilidade de escusar o que unha
administración caótica non foi quen de organizar.
Desta situación, na que visualizamos tal casuística
que non pode condensarse nunha entrada xenérica,
temos que tirar tres conclusións e un
agradecemento:
– A incorporación dos cursos impares de
secundaria e bacharelato aos currículos LOMCE.
Neste caso, a tardanza na elaboración e publicación
dos currículos, a inexistente colaboración cos
claustros de profesores, o desprezo informativo
cara as familias, e a absoluta falta de respecto co
propio alumnado que se ía ver abocado a un cambio
para eles inevitable, fixo que todo o mundo
implicado navegara sen compás por un inicio de
curso que pretende marcar o futuro educativo da
nosa sociedade.
A estas alturas, a maioría das familias non sabe
para que estudan os seus fillos matemáticas
aplicadas ou académicas, nin imaxinan canto os vai
condicionar; descoñecen que agora a relixión, e a
súa alternativa, son materias avaliables; tiveron
que decidir as materias de libre configuración en
bacharelato sobre unha absoluta improvisación, e
cambiar a matrícula por circunstancias sobrevidas
segundo as materias se ían convertendo en inviables
porque non había matriculados abondos ou porque a
administración non as autorizaba.
Dende a Confederación ANPAS GALEGAS reclamamos que
a información flúa constantemente entre a
administración, o profesorado e as familias, e non
cremos admisible que as nais e pais do alumnado
deste País, e o alumnado mesmo, descoñezamos o
detalle do que vai afectar aos nosos fillos e
fillas, dende o mesmo momento no que se inicie a
posta en marcha de calquera variación na súa vida
académica.
Que estas foran as principais preocupacións que
marcaron o inicio deste curso académico non impediu
que falaramos doutros puntos de interese na vida
educativa en xeral, e entroutras problemáticas
menores, falamos tamén de algúns temas de grande
importancia:
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript