Setembro de 2015
 
 

NÚMERO 284- 14/09/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Declaracións do reitor
O reitor fixo unhas declaracións á prensa que, como todo bicho político realizou sen sinalar todo o que de verdade está a suceder. Medias verdades como o tan cacarexado levantamento da restrición do gasto que, segundo sabemos nalgún centro non vai ser completo porque o déficit é moi alto. Tamén sinalou que o reitor que tome o relevo se atopará nunha situación mellor que a actual porque o plan de financiamento vai mellorar orzamento da universidade. Sr reitor, até que estea asinado non se sabe como se pechará, non venda a pel do oso antes de cazalo.

Grazas
Rematei as vacacións, xusto cando recuperamos o horario “normal”, o resto das administracións públicas segue co horario de verán. Grazas sr. reitor, grazas sr. xerente.

Elección de reitor
Xa comezou a campaña electoral, a “dereita unida” xa postulou candidatura, o actual reitor dixo que non se presentaría á reelección, publicouse na prensa que o candidato do actual equipo sería Abalde. Meu deus, gañe quen gañe imos de cu

 

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript