Outubro de 2015
 
 

NÚMERO 288 - 13/10/2015

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA DE GALICIA
 

A Xunta devolverá na nómina de outubro o 26,23 % da paga suprimida en 2012

O DOG do luns, 5 de outubro publicaba a LEI 11/2015, do 1 de outubro, pola que se aproba unha retribución de carácter extraordinario en concepto de recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012 aos empregados do sector público autonómico de Galicia.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os fracasos electorais que ven sufrindo o PP e a convocatoria de eleccións que se realizarán no mes de decembro, son o factor determinante, ao noso entender, para que tanto a nivel estatal como autonómico o partido no goberno se vexa na obriga de soltarnos unhas migallas.
 
Se pensan Feijoo e Rajoy que con este 26,23%, que se nos devolverá na paga deste mes, mercará a vontade das traballadoras e traballadores da administración pública galega están ben equivocados.
 
Reclamamos que, de xeito inmediato, se nos restitúan todos os dereitos e salarios roubados.
 
NON ESQUECEMOS!!

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript