Outubro de 2015
 
 

NÚMERO 288 - 13/10/2015

   CUTUDC / Novidades

  LEXISLACIÓN
 

Os funcionarios poderán expor litixios sen avogado nin procurador ante a xurisdición contenciosa

Publicouse no BOE de 6 de Outubro de 2015 a reforma da Ley de Enjuiciamiento Civil operada por Lei 42/2015 que mais alá das importantes cuestións relativas a aspectos profesionais da xustiza ( procuradores, xustiza gratuíta, etc) penétrase en cuestións que terán importante efecto na xurisdición contencioso-administrativa.

 

  • Noticias relacionadas

 

Dado que a lei require unha análise mais detallado que a miña ollada matinal, por agora citarei o que supoñerá en trazo apresurado, para o ámbito da xustiza administrativa.
 
Os funcionarios poderán expor litixios sen avogado nin procurador ante a xurisdición contenciosa.
 
    Acométese a reforma da Lei 29/1998, de13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-administrativa, para permitir que os funcionarios públicos, que non teñen recoñecido o dereito de xustiza gratuíta con independencia dos seus recursos, poidan comparecer por si mesmos en defensa dos seus dereitos estatutarios, cando se refiran a cuestións de persoal que non impliquen separación de empregados públicos inamovibles, co que se recupera a regulación xa existente con anterioridade á Lei 10/2012.
 
E dado que agora se resucita ”practicamente a redacción orixinal, tamén a xurisprudencia sobre a súa aplicación (ex.inaplicación ante o Supremo, : «3. Poderán, con todo, comparecer por si mesmos os funcionarios públicos en defensa dos seus dereitos estatutarios, cando se refiran a cuestións de persoal que non impliquen separación de empregados públicos inamovibles.»

Esta medida unida ás taxas supoñerá unha inflación dos litixios contencioso-administrativos, aínda que tamén maiores cotas de xustiza no ámbito dos empregados públicos.
 
Ler o artigo completo

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript