Outubro de 2015
 
 

NÚMERO 288 - 13/10/2015

   CUTUDC / Novidades

  CRISE-ESTAFA
 

O Estado Español é onde máis creceu a desigualdade salarial nos dous últimos anos

A Organización Internacional do Traballo (OIT) revelou este mércores que o número de traballadores pobres en España, é dicir, os que gañan menos de 60% da renda media, aumentou en máis de catro puntos entre 2000 e 2014, ao pasar de 18% a 22,2%, reportou EFE.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os datos foron ofrecidos polo director do Departamento de Investigación da Organización Internacional do Traballo (OIT), Raymond Torres, quen alertou sobre o “avultado” volume de traballo precario en España.
 
Torres criticou que esa situación crítica para os traballadores agravouse coa reforma laboral, aprobada en 2012 polo Goberno de Mariano Rajoy, ao acrecentar a brecha de desigualdade e reducir a protección integral ao sector.
 
Coa promesa de acabar “coa rixidez do mercado de traballo e sentar as bases para crear emprego estable”, a reforma do Goberno conservador incluíu un decreto que ampliou os motivos para despedimentos xustificados e a imposición dun contrato laboral que rebaixa a indemnización de 45 a 33 días por ano traballado, en caso de despedimento, que non conta con retroactivos.
 
No Día Mundial do Traballo Decente, o representante do OIT destacou que España é o país onde máis creceu a desigualdade salarial nos dous últimos anos, unha situación que non se reverterá.
 
O OIT prevé que 40% dos empregos en España modificarase substancialmente nos próximos 10 anos: as relacións laborais serán por conta propia en detrimento de as prazas asalariadas.
 
Na actualidade, o cambio tecnolóxico arroupa a gran cantidade de sectores, o que se traduce no incremento de empregos parciais, independentes e temporais, de moi curta duración.
 
LibreRed/AVN
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript