Outubro de 2015
 
 

NÚMERO 288 - 13/10/2015

   CUTUDC / Novidades

  NOVO ASASINATO MACHISTA
 

Concentración na Coruña

Mulleres organizadas en grupos de acción local na Coruña, Lugo, Pontevedra, no Barbanza e Compostela, na Marcha Mundial das Mulleres de Ferrol, Vigo e Ourense, xunto con diversas mulleres militantes do feminismo galega, convocamos hoxe concentracións en repulsa ao asasinato machista dunha muller en Vigo.

 

  • Noticias relacionadas

 

Estaríamos ante o sexto asasinato dunha muller pala súa parella ou exparella en Galiza, o cuarto para as estatísticas oficiais, dado que nin o asasinato das meniñas de Maraña, nin o da parella da segunda asasinada en Arbo, son computábeis, dado que a definición de vítima só se cinxe ao ámbito da parella.
 
En tan só cinco anos, 79 galegas foron asasinadas por mor da violencia machista. Case setecentas no estado español. Un feminicidio invisibilizado polos poderes públicos, pola xustiza, polo goberno do Partido Popular, mesmo polos medios de comunicación.
 
Estas vidas non teñen o mesmo peso, a mesma importancia, nen a mesma resposta ca de tratarse doutro tipo de terrorismo. Non hai comparecencias pola vía da urxencia dos presidentes do goberno da Xunta de Galiza, nin do estado español, tan só ocupan minutos de silencio institucional.
 
Este é un síntoma que nos indica que non vivimos nunha democracia. Mentres este sistema patriarcal non se erradique, este sistema que se perpetúa baixo a premisa de que non somos donas de nós, que somos propiedade dos homes, nin haberá democracia nin pode haber igualdade real.
 
Estamos hoxe eiquí porque queremos mudar unha situación insostíbel para as mulleres e porque forma parte da nosa responsabilidade. Queremos visibilizar o noso rexeitamento, que toda a sociedade entenda que é a nosa vida a que está en perigo. Que non lle pertencemos a ninguén. E que non irnos ficar caladas. Non irnos gardar minutos de silencio poi as vítimas. Irnos sa ír á rúa ao día seguinte de saír publicado na prensa escrita un asasinato por mor da violencia machista. Farémolo todos os días que fagan falta esixindo xustiza, loitando pola igualdade e polo respecto, contra os valores patriarca is que perpetúan e consolidan na sociedade esta violencia sexista.

https://www.facebook.com/pages/ContraaViolenciaMachistaAccionFeministadaCorunha
 
Se queres participar no grupo podes contactar con nós no mail: contraviolenciamachistacoruna@gmail.com
 
Consignas:
 
Non estamos todas, faltan as martas!
Machista: escoita ! Estamos en loita !
Contra o machismo, máis feminismo!
Ante a violencia ninglin paso atrás!
Se tocan a unha, tócannos a todas!
Patriarcado e capital, alianza criminal!
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript