Outubro de 2015
 
 

NÚMERO 288 - 13/10/2015

   CUTUDC / Novidades

  CRISE-ESTAFA
 

O Estado Español segue á cabeza do paro en Europa

Eurostat, a oficina estatística comunitaria, publicou recentemente os datos de paro correspondentes ao mes de agosto no vello continente. Non se produciron cambios respecto ao mes anterior: a taxa de paro na zona euro mantense no 11 %, mentres que no conxunto da Unión Europea tamén se mantén estable no 9,5 %.

 

  • Noticias relacionadas

 

No que respecta ao noso país, seguimos sendo unha das locomotoras do paro en Europa. Cunha vergoñosa taxa de desemprego do 22,2 %, só nos supera Grecia (25,2 % en xuño, último dato dispoñible). Aínda que a anos luz das economías helena e española, séguennos no ránking da vergoña Croacia (15,5 %), Chipre (15,3 %) e Portugal (12,4 %).
 
No lado oposto da balanza, Alemaña, cun 4,5 %, é o país coa menor taxa de pasa da Unión Europea. Tras esta sitúanse a República Checa (5 %), Malta (5,1 %), Reino Unido (5,5 %) e Estonia (5,7 % en xullo de 2015, último dato dispoñible).
 
Volvendo ao caso do noso país, é máis que evidente que temos un problema moi grave. Non podemos falar nin de recuperación económica nin de saída da crise cunha estatística tan demoledora como esta sobre a mesa. O Goberno ten que poñerse as pilas dunha vez por todas nesta materia, aínda que se o certo é que non o fixo en catro anos, nada nos fai pensar que queira facelo agora.
 
No Blogue Salmón
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript