NÚMERO 290 - 26/10/2015
CUTUDC / Novidades
Este mesmo mércores, a Plataforma de Afectados polas Hipotecas (PAH) lanzaba a campaña “A SAREB é nosa” co obxectivo de “destapar unha estafa”, a do acumulo por parte da SAREB ou ‘Banco Malo’ de máis de 100.000 vivendas baleiras, procedentes do rescate público da banca, que non se están pondo a disposición das familias necesitadas senón que se manteñen pechadas con fins especulativos.
“Continúa o
espolio da vivenda que debería ser nosa, dos
cidadáns, pagada con diñeiro de todas pero
utilizada para especular e enriquecer a uns
poucos”, denuncia a PAH, que na web da campaña fixo
público un mapa coa localización de 30.000 destas
vivendas en todo o territorio español xunto ao
manual “Obra social a PAH”, no que se explica ás
familias como ocupar os inmobles baleiros,
individual ou colectivamente, e as súas
implicacións legais.
A PAH acusa así á SAREB de “actuar coma se dunha
mafia se tratase, con total impunidade e sen
respectar os dereitos humanos” e esíxelle unha
“mobilización urxente” para que “a vivenda responda
á súa función social”. A resposta da SAREB foi, con
todo, moi diferente.
Tan só un día despois do lanzamento da campaña, a
SAREB limitouse a enviar un requirimento notarial á
PAH ameazando con emprender “todas as accións
legais pertinentes” se no prazo de 24 horas non
modifica o deseño da páxina web da campaña, xa que,
segundo SAREB, xera unha “confusión coa páxina web
orixinal” do organismo oficial. Ademais, a SAREB
acusa á PAH de “incitar á ocupación das vivendas”,
o que podería ser constitutivo de varias
infraccións penais ademais dun delito contra a
propiedade intelectual.
Nun comunicado, a PAH mostrouse de acordo en
modificar a aparencia da web “da SAREB é nosa”
porque, afirman, nunca quixeron parecerse ao ‘Banco
Malo’, pero rexeitan a retirada do mapeo e do
manual, xa que o primeiro “serve como material de
difusión para visibilizar unha pequena parte da
extensión e cantidade da vivenda que foi rescatada
con diñeiro público” e o segundo “leva anos colgado
na web da PAH”.
A PAH insiste en que a súa intención, xa que a
SAREB é 45% pública e as súas vivendas “foron
rescatadas pola xente do montón”, é a de “denunciar
o paradoxo que estamos a vivir, e pedir que esa
vivenda teña un uso social para a cidadanía e non
para a especulación financeira”. “Se a SAREB quere
que lles deixemos en paz teno moi fácil: só ten que
ceder as vivendas baleiras pagas co diñeiro de
todas a quen as necesitamos. Se a súa resposta é a
ameaza, que saiba que non temos medo, a Obra Social
é xusta e lexítima e imos seguir adiante gritando
aínda máis alto que #LaSarebesNuestra”, apostila a
plataforma.
Comunicado da PAH “A SAREB é nosa”
Como ben sabemos todas, a burbulla inmobiliaria
estalou en 2008. Aínda que o goberno dicía que
tiñamos «o sistema financeiro máis sólido da
comunidade internacional», pronto se fixeron
visibles as gretas.
Entre 2010 e 2012, o estado español inxectou máis
de 61 mil millóns de euros de diñeiro público – do
noso diñeiro – para rescatar á banca. Tiñamos 45
caixas de aforros e 8 bancos antes da crise. Agora,
despois de fusións e reestruturacións, temos 2
caixas de aforros e 15 bancos.
O resultado foi unha concentración de capital en
mans de poucos. O obxectivo principal da
nacionalización de varias entidades – Catalunya
Caixa, Bankia, Unnim, Nova Caixa Galicia, Banco de
Valencia – non foi o ben común ou o beneficio dos
cidadáns se non o beneficio da banca.
Por exemplo, despois do rescate vimos como BBVA
comprou a Unnim por un euro en 2011, e A Caixa
quedou co Banco de Valencia polo mesmo prezo en
2012. O roubo segue ata hoxe. Coa venda de
Catalunya Caixa a BBVA perdemos 12.000 millóns de
euros. E estamos á espera de ver o que perderemos
coa venda de Bankia.
Noutras palabras: grazas ao peto da cidadanía, os
ricos están a facerse máis ricos, mentres que nós,
a xente do montón, vivimos a austeridade, os
recortes e os desafiuzamentos, entre outros males,
para asegurar que paguemos nós polo rescate.
As perdas son de todos, e as ganancias de moi, moi
poucos.
Parte do proceso de “limpar” ou “sanear” o sistema
financeiro foi a creación da Sareb. A Sareb é
coñecida como o banco malo, pero en realidade é
unha inmobiliaria de “activos tóxicos” cos
refugallos da burbulla inmobiliaria, das entidades
rescatadas con diñeiro público. Estes “activos
tóxicos” son vivendas acabadas ou medio acabadas
sen vender e a débeda de promotores e construtoras
erradas.
Con máis de 106.000 propiedades, a Sareb é a
inmobiliaria máis grande de Europa. Encima, é unha
entidade que é 45% pública mentres o outro 55% é
das entidades rescatadas (polo que a maior parte do
seu diñeiro tamén é de todas). Pero no canto de
garantir o dereito á vivenda para centos de miles
de cidadáns que se atopan na rúa, o seu obxectivo é
vender os seus activos cun 15% de beneficio antes
de 2027.
Grazas á presión cidadá, a Sareb cedeu 2.000
vivendas ás comunidades autónomas en 2014. Pero
dicimos que é demasiado tarde, e sobre todo
demasiado pouco. 2.000 vivendas só son o 2% de
todas as vivendas que teñen.
Querémolas todas!
No canto de rescatar á xente, rescatouse á banca co
noso diñeiro. Estamos a sufrir recortes en
educación, sanidade e outros servizos públicos para
asegurar o pago do rescate.
Denunciamos isto como un espolio, e con este
obxectivo lanzamos a campaña “a Sareb é Nosa”, para
retomar o que é noso.
Ante esta situación, a campaña da Obra Social da
PAH baséase na mobilización e autoorganización,
sendo conscientes que só organizadas e con apoio
mutuo podemos plantar cara á inxustiza que supón a
acumulacións de vivenda baleira xunto co drama dos
desafiuzamentos, recuperado así esas vivendas que
son nosas e que a banca coa inseparable axuda do
goberno nos arrebatou. Reacollemos ata o momento a
unhas 3.000 persoas e recuperamos preto de 40
edificios, dos que 18 son propiedade da Sareb, que
ademais se nega a escoitar ás familias que vivien
neles.
Destes bloques case 40 bloques contamos con
importantes vitorias, os dous casos máis evidentes,
as cesións da Sareb á Generalitat do Bloc Grazcia (
Sabadell ) e o Bloc Bages 2 ( Manresa). Os dous
bloques están en proceso de asinar contratos de
aluguer social para 3 anos para as familias que os
están ocupando, 40 no Bloc Gracia e 17 no Bloc
Bages 2. Vitorias sen precedentes que nos axudan a
seguir sabendo que SI, PÓDESE.
A PAH utilizou todas as vías posibles. 136
Concellos de Catalunya aprobaron a Moción da Pah
para multar aos Bancos que acumulan vivenda baleira
e non lle dan a ela un uso social, e en xuño o
Parlament de Catalunya aprobou a ILP das Pahs
Catalás, onde tamén se esixe a mobilización da
vivenda valeira para un uso social. Agora coas
Esixencias PAH interpelamos aos partidos para que
aproben unha lei que dunha vez por todas acabe con
esta inxustiza. E agora, ademais, interpelamos á
SAREB e os seus responsables políticos e económicos
a que nos escoiten e cedan ás persoas, a quen xa as
pagamos, as vivendas baleiras como mostra o mapa
teñen por todo o territorio español.
Esiximos aos grandes propietarios de vivenda, en
particular á SAREB, valeira a súa mobilización
urxente e que a vivenda responda basicamente á súa
función social, é imposible entender que despois
dos miles de millóns de rescate publico á banca,
esta siga maltratando ás persoas que necesitan unha
resposta habitacional, é inadmisible que a SAREB
siga actuando coma se dunha mafia se tratase, con
total impunidade e sen respectar os dereitos
humanos.
Por iso hoxe lanzamos a campaña a Sareb é Nosa.
Nesta campaña facemos publica a páxina web:
www.lasarebesnuestra.com. Nela mapeamos unhas
30.000 vivendas da Sareb usando información das
immobiliarias que xestionan os seus activos unha
boa parte de vivendas da Sareb. Mentres non vemos
indicio de resposta por parte da Sareb nin a banca
en xeral, cremos que é a nosa obligacion compartir
as nosas ferramentas, para que sexa a xente
organizada quen de resposta a esta situación.
As catro entidades que xestionan os activos da
Sareb, tres delas fondos de investimento
norteamericanas, estanse a beneficiar directamente
do rescate á banca, mentres que nós, a xente do
común, pagamos a conta. E mentres que sufrimos máis
de medio millón de execucións hipotecarias e centos
de miles de desafiuzamentos, menos que o 2% do
parque inmobiliario no estado español esta dedicado
á vivenda social.
Considerando que xa o pagamos os cidadáns, esiximos
que a vivenda da Sareb sirva NON para a
especulación senón para que viva a xente. Basta de
especulación, queremos vivenda digna para todas. Un
parque de vivenda en mans da cidadanía, con
alugueres estables e alcanzables.
Estas son as 22.000 casas valeiras que o chamado
"Banco malo" teme que se okupen
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript