Outubro de 2015
 
 

NÚMERO 290 - 26/10/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

27 de outubro, novo Consello de Goberno

O vindeiro 27 de outubro realizarase unha nova sesión do Consello de Goberno, dentro da orde figura como punto nº 4 “Informe sobre a Resolución reitoral pola que se convocan eleccións á Reitoría” punto do que vos facemos un resumo.

 

  • Noticias relacionadas

 

Son elixibles, e poderán presentar a súa candidatura á reitoría, as persoas electoras:
— Que teñan a condición legal de funcionarias do corpo de catedráticos/as de universidade, en activo e con dedicación a tempo completo na Universidade da Coruña.
— Que figuren no censo definitivo do sector A.
— Que non teñan desempeñado o cargo de Reitor durante dous mandatos consecutivos
— Que sexan proclamadas candidatas pola Comisión Electoral Central de forma definitiva.
 
Calendario electoral:
 

Convocatoria das eleccións

28 de outubro de 2015 (mércores)

Publicación de censo provisional

29 de outubro de 2015 (xoves

Prazo de presentación e de resolución de recursos e solicitudes de rectificación de censo provisorio

30 de outubro (venres) ao 6 de novembro de 2015 (venres) até as 14:00 h.

Publicación do censo definitivo

12 de novembro de 2015 (xoves)

Presentación de candidaturas

do 13 de novembro (venres) ao 16 de novembro (luns) até as 14 h.

Proclamación provisional de candidaturas

17 de novembro de 2015 (martes)

Prazos de presentación e de resolución de recursos e solicitudes de rectificación da proclamación provisoria de candidaturas

18 de novembro (mércores) ao 19 de novembro de 2015 (xoves) até as 14 h.

Proclamación definitiva das candidaturas

23 de novembro de 2015 (luns)

Campaña electoral

24 de novembro (martes) ao 1 de decembro (martes). Para a campaña destínanse 7.500 € que se prorratearán entre as candidaturas válidas presentadas

Data das eleccións:

En primeira volta:

a. 3 de decembro de 2015 (xoves)

En segunda volta:

b. 14 de decembro de 2015 (luns)

 
Orde do día da sesión

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript