NÚMERO 290 - 26/10/2015
CUTUDC / Novidades
O movemento das Marchas da Dignidade realizou nestes días mobilizacións no estado español. As rúas de varias cidades do país foron escenario de protestas contra as políticas do Goberno e de demandas polos dereitos sociais e o fin dos recortes. Os manifestantes marcharon baixo o lema 'Pan, traballo, teito e dignidade'. Non queremos un sistema supeditado aos intereses financeiros.
MANIFESTO
OBRADOIRO 24 OUTUBRO MARCHAS DA DIGNIDADE
A unidade popular está hoxe aquí na praza do
Obradoiro berrando pola nosa dignidade de pobo que
loita. Loitamos porque un goberno traidor ao
servizo de potencias e multinacionais estranxeiras,
está a deixarnos sen pan, traballo e teito.
Loitamos contra un estado falido que malvende os
nosos dereitos ao poder económico. Son so negocios,
nada persoal, como di a Mafia, porque non pensan
nas persoas, so no negocio. E dicimos mafia porque
se están a comportar como criminais, roubando,
mentindo e chantaxeando. Por iso estamos hoxe aquí,
para facer fronte a esa mafia que nos está a
maltratar.
A chamada crise non é máis ca unha inmensa estafa
perpetrada dende o poder económico. É unha
estratexia neoliberal para recortar os nosos
dereitos e facer negocio con eles. É pura cobiza. E
iso ocorre porque o poder político está totalmente
sometido a ese poder antidemocrático. Debemos
preguntarnos se manda máis o goberno ou as
multinacionais, e coa resposta teremos claro cal é
a nosa realidade democrática. A Troika europea é un
contubernio formado polo FMI, Banco Mundial e
Comisión Europea que non se presentaron a ningunhas
eleccións democráticas, pero ditan as normas aos
estados coma se tiveran algún tipo de lexitimidade.
Estados que actúan como sicarios dese poder
antidemocrático. Ata cando o imos consentir?.
Esta Unión Europea non nos representa, non é nosa.
Negocia ás nosas costas un tratado comercial con
Estados Unidos e Canadá, o TTIP, que é o maior
atentado á democracia que se recorda. O negocian en
segredo, sen debate no Parlamento Europeo. Non é
unha Unión Europea democrática, non defende os
nosos intereses. Se nos xuntamos para loitar
podemos gañar, e ese é o obxectivo das Marchas da
Dignidade. Ter máis forza ca eles para derrotalos.
Derrotar a un inimigo cruel, criminal e
desapiadado. A unidade e a dignidade son as nosas
armas. Se as usamos con intelixencia, xenerosidade
e sacrificio, venceremos. Sabemos que é difícil,
que o inimigo ten todo ao seu favor e que usará
todo o seu poder mediático e policial para
derrotarnos. Pero temos que loitar xuntarnos,
organizarnos e ser máis forte ca eles. Porque somos
máis, porque temos dignidade.
Privatizan hospitais, como o de Vigo, triplicando o
seu custo para favorecer a empresas privadas,
aumentan o prezo das medicinas, deixan a moitas
persoas enfermas sen vacinas, recortan en
dependencia pero coidan con cartos públicos ao pai
de Rajoy, privatizan servizos de emerxencias
mentres Galicia arde cada verán, recortan en
educación pública mentres favorecen aos centros
concertados, acaban coa gandaría a agricultura e a
pesca, malvenden as caixas galegas ou unha empresas
de telecomunicación como R, atentan contra o medio
ambiente, enchen de cemento as nosas costas,
consenten que a mocidade teña que emigrar para
atopar un futuro lonxe do noso país, recortan en
pensións, privatizan o ferrocarril, incrementan de
xeito perverso a débeda ilexítima e agora ata
puxeron un imposto ao sol. UN IMPOSTO POR USAR O
SOL COMO FONTE DE ENERXÍA! O seguinte será
cobrarnos por respirar.
O feminicidio continúa sen que o tomen en serio.
Ducias de mulleres asasinadas pola violencia
machista no que vai de ano, pero recortan en
políticas de igualdade e prevención. A loita
feminista tamén é a nosa loita, porque non hai
revolución que non sexa tamén feminista. Contra a
violencia machista, loita feminista. O feminismo
ten que estar no noso ADN, a loita das mulleres e
tamén a loita das Marchas da Dignidade, porque é
unha loita digna e imprescindible. Fronte a esta
barbarie, loita feminista, dignidade e revolución.
A Estratexia é clara, a mesma que fixeron en
América. Crean a crise, a usan como escusa para
recortar dereitos e cando se achegan as eleccións
din que xa rematou usando cifras como o PIB. Eses
dereitos non volverán se non loitamos por eles, se
non traballamos conxuntamente para derrotar a un
inimigo poderoso, cruel e criminal. Contra ese
inimigo loitamos. E contra a nosa loita, o goberno
incrementa a represión con multas e cárcere cunha
lei, a Lei Mordaza, que parece feita polo mismísimo
Franco. Pero non nos calarán. Seguiremos a loitar e
a esixir:
- Non ao pago da débeda ilexítima
- Non ao TTIP
- Non á corrupción
- Retirada da reforma laboral
- Defensa dos servizos 100% públicos e de calidade
- Dereito á vivenda
- Dereitos ambientais: “NON AO FRACKING”. Enerxías
renovables XA
- Independencia da Xustiza
- Xustiza para as vítimas de ANGROIS
- Defensa dos dereitos da mulleres
- Dereitos para as persoas migrantes. Ningún ser
humano é ilegal
- Non á represión! Retirada da “Lei Mordaza”
- Economía ao servizo do pobo
PAN; TRABALLO E TEITO. A LOITA CONTINÚA
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript