NÚMERO 290 - 26/10/2015
CUTUDC / Novidades
A Xunta anuncia a bombo e prato que, os orzamentos de 2016 contemplan un incremento do salario e complementos do persoal ao servizo da administración autonómica (e das universidades) nun 1%. Nin este miserable incremento, incluso inferior ao acordado cos sindicatos do sistema para os traballadores/as do sector privado (1,5%), nin a restitución do 49,73% que se nos devolverá do recorte da paga extra de 2012, enxugará o recorte, que novamente Feijoo impoñerá no 2016 nas nosas pagas extra.
Ao incremento
salarial, claramente simbólico e electoralista,
xúntase tamén, a propaganda desenvolvida desde o
goberno autonómico arredor da taxa de reposición
que, segundo está previsto a nivel estatal, será
por primeira vez do 100%, desde o inicio dos
recortes, esta taxa de reposición suporá, como
máximo, a cobertura das vacantes, de ningún xeito a
creación de emprego real.
Temos que sinalar, tamén, que a restitución do 50%
da paga extra de 2012 non ten data concreta para
facerse efectiva, quedando a “libre disposición” do
sr. Feijoo que seguro fará da súa devolución un
novo cartucho electoral porque non podemos esquecer
que no 2016 haberá eleccións autonómicas.
Se, a nivel xeral os traballadores e traballadoras
somos quen realmente estamos a pagar os efectos
dunha crise da que de ningún xeito somos
responsables. Se os funcionarios e funcionarias do
estado somos un dos colectivos que máis poder
adquisitivo perdemos ao longo desta crise estafa.
As funcionarias e funcionarios da administración
autonómica de Galicia seremos, un ano máis, as/os
grandes prexudicadas/os polos orzamentos da Xunta.
Proxecto de Orzamentos
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript