Outubro de 2015
 
 

NÚMERO 290 - 26/10/2015

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

A pésima herdanza de Rajoy

A Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicada a semana pasada é contundente: en paro e en emprego, Mariano Rajoy apenas mellorou a herdanza recibida de José Luís Rodríguez Zapatero.

 

  • Noticias relacionadas

 

Son tan malas unha como a outra; e nalgunhas cousas, a de Rajoy é aínda peor.
 
Comparados os datos de Zapatero na Moncloa (2011) coas da última do Goberno Rajoy ( 2015, da semana pasada), vese isto:
 
Poboación activa. 23.482.500 persoas activas en 2011, fronte aos 22.899.500 de agora. Empeoramos.
 
Taxa de actividade. 60,44% fai catro anos, fronte aos 59,50% de agora. Empeoramos bastante.
 
Poboación ocupada, con emprego: 18.484.500 fai catro anos, fronte aos 18.048.700 de agora. Empeoramos.
 
Asalariados con contrato indefinido. 11.478.100 hai catro anos, fronte aos 11.039.200 de agora. Empeoramos bastante.
 
Ocupados a tempo completo. 16.089.100 fai catro anos, fronte aos 15.298.300 de agora. Empeoramos bastante.
 
Parados. 4.998.000 antes, fronte aos 4.850.800 de agora. Melloramos minimamente, debido á dura reforma laboral aprobada polo PP en 2012.
 
Taxa de paro. 21,28% fai catro anos, fronte ao 21,18% de agora. Melloramos lixeirisimamente.
 
Parados de longa duración: 1.249.200 fai catro anos, fronte aos 2.158.600 de agora. Empeoramos moito.
 
A pesar da propaganda do goberno, o balance real de Mariano Rajoy é desastroso: bastantes menos activos, bastantes menos ocupados, escasísima redución do número de desempregados, parados cada vez máis abandonados e desasistidos, empregos máis precarios, salarios máis baixos, dereitos laborais mermados…
 
Rajoy e o PP -como Zapatero e o PSOE no seu día- deixan unha herdanza catastrófica.
 
Fonte; 20minutos.
Menea e vencerás...

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript