Outubro de 2015
 
 

NÚMERO 290 - 26/10/2015

   CUTUDC / Novidades

  TRABALLO E BENESTAR
 

Novo calendario de mobilizacións

As traballadoras e traballadores da Consellaría de Traballo e Benestar que veñen de gañarlle á Xunta o terceiro conflito colectivo consecutivamente, contra a falta de negociación das carteleiras de traballo dos centro de atención directa de política social da Xunta de Galicia, acordaron un novo calendario de mobilizacións.

 

  • Noticias relacionadas

 

DATA: 27 de outubro de 2015:Rolda de prensa dos catro comités en Compostela, para dar a coñecer o calendario de mobilizacións e queima dun exemplar da Lei de Medidas.
 
DATA: 29 de Outubro de 2015: Manifestación as 10:00 h. en Santiago de Compostela, dende a Residencia Porta do Camiño ate San Caetano.
 
DATA: 26 de Novembro de 2015:Manifestación as 10:30 h. en Santiago de Compostela, dende o Parlamente de Galicia ate San Caetano.
 
DATA: 17 de Decembro de 2015: Manifestación pola tarde, con velas, dende o Parlamento ate a Praza da Quintana.
 
O motivo de ditas CONCENTRACIÓNS  é demandar á Xunta de Galicia a defensa dos servizos sociais, contra os recortes en atención directa e contra a privatización. Denunciando as especiais condicións de traballo do persoal dos centros de Residencias de Maiores, centros de Menores e CAPD A Coruña, especialmente as derivadas da anulación do artg. 19 do Convenio Único do Persoal Laboral que ao estar suprimido pola Xunta, impide a compensación en descanso do traballo en domingos e festivos."
 
=> DIFUNDE E PARTICIPA !!!
 
=> POLA RECUPERACIÓN DO ARTG. 19 E AS COMPENSACIÓNS POR TRABALLO EN DOMINGOS E FESTIVOS!!!

=> CONTRA OS RECORTES DE MEDIOS MATERIAS E DE PERSOAL NOS CENTROS DE BENESTAR!!!

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript