Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 291 - 02/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Agora UDC intégrase no grupo que apoia a Daniel Pena

Os rumores transformáronse en certezas. Nos andares dos centros universitarios comentábase a posibilidade de que o grupo que apoiaba a Fermín Navarrina se integrase no grupo que xa decidiu presentar a Daniel Pena como candidato a Reitor, despois dun comunicado no que se anunciaba un principio de acordo entre estes dous, tres... grupos confírmase a integración.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

O candidato que agora se integra nunha candidatura sinaladamente de dereita comentaba no ano 2011 en CUAC FM que fronte á polarización histórica na universidade, representada por dúas candidaturas antagónicas el representaba a integración. Que o seu equipo de goberno, estaba formado por 7 persoas de distintas ideoloxías, con diferentes formas de ver a universidade pero compatibles.
 
Agora, despois de anos de silencio aparca o ideario que promulgaba no ano 2011 e toma postura uníndose a unha candidatura que representa ao máis rancio da institución.
 
No resumo do seu programa para o PAS difundido en 2011, a parte das xeneralidades comúns nos programas do resto de candidatos sinalábase:
 
  Desenvolver unha política de persoal de administración e servizos orientada á eficiencia, onde a promoción se realice por mérito e capacidade e de forma áxil e ordenada, con máis e mellores oportunidades de formación e con xerarquización das súas funcións.
 
  Flexibilizar e simplificar a normativa interna da universidade .
 
Na entrevista que sinalamos en CUAC FM
apuntaba, o representante de Agora UDC, que chegara á universidade da Coruña procedente doutra xa consolidada e grande, centraba a diferenza no xeito de facer as cousas, poñía como exemplo que na súa universidade de procedencia se se quere mercar un billete de avión, e hai diñeiro para facelo, cómprase facilmente mentres que para facer un edificio as dificultades son enormes. Na UDC, comentaba, que a cousa é ao contrario o fácil era moi difícil e o difícil era moi fácil. Márcábase, naquel momento, como un dos seus principais obxectivos a eficacia na xestión.
 
Non esquecemos que o paradigma da eficacia, conséguese, desde os postulados da dereita
(ideario do grupo no que se integrou a plataforma Agora UDC) desregulando, mediante a redución das plantillas (facendo máis con menos), mediante a privatización, externalizacións... SABÉMOLO POR EXPERIENCIA. Que non conten con nós!.

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript