NÚMERO 291 - 02/11/2015
CUTUDC / Novidades
A negociación da RPT, iniciada o pasado ano, percorreu neste espazo temporal un camiño cargado de tensións. A un radical desacordo debido á imposición por parte da Xerencia de condicións que imposibilitaban o máis mínimo acercamento sucedeu un principio de acordo fundamentado, esencialmete no retorno aos postulados iniciais da negociación.
A necesidade
da negociación dunha modificación puntual da RPT
fundamentábase na obrigada adaptación á escala
xeral dos subgrupos da escala técnica recentemente
funcionarizada. A APA incluíu neste procedemento ao
colectivo de traballadores e traballadoras técnicos
auxiliares de biblioteca con este mesmo problema
desde a súa funcionarización. A Xerencia, a parte
de racanear no barrado dos grupos, foi introducindo
elementos que a universidade consideraba
“necesarios” pero que facían imposible o acordo.
Co transcurso do tempo e a clarificación que as
eleccións sindicais supuxeron na composición do
órgano de representación das traballadores e
traballadores, a posición da Xunta de Persoal
transformouse nun unánime rexeitamento da proposta
da Xerencia o que obrigou, en gran medida, a que o
equipo de goberno reconsiderase a súa posición.
O mércores e xoves a Xunta de Persoal convoca ao
colectivo para dirimir a aprobación ou non do
consenso acadado na última reunión do 29/10/2015.
Se a proposta, en termos xerais, é aceptable, unha
vez difundida, as traballadoras do Servizo de
Investigación sinálannos que:
Consolida o cambio da denominación e funcións de
dúas prazas no Servizo de Investigación. As
traballadoras do Servizo indícannos:
Volvemos a enviar a resolución de hai un ano
porque, despois deste tempo pódese acreditar se é
certo o que di a memoria no punto 5.
No negociado de bolsas e axudas propias: No ano
2015 pasou isto:
·
* A
convocatoria de axudas propias foi a mesma que no
ano 2014. As concesións son de menos cuantía pero o
reparto é o mesmo xa que se dan máis polo miúdo:
facer un expediente económico por 5 euros ten o
mesmo traballo que por 50.000. Calquera responsable
de asuntos económicos o sabe.
·
* O reparto
de fondos dos grupos foi o mesmo, curiosamente
desdobrado en dous (que agora van ser tres) para
facer o dobre de traballo (cousas do corralito)
·
* O
catálogo de investigación é o mesmo, creo que non
se despediron PDI e xestionase desde o negociado.
Así está, que non temos máis que queixas porque non
se actualiza. Os prazos foron os mesmos.
·
* A
valoración ANEP é a mesma, valóranse todos os PDI
que están nos grupos de investigación, son a mesma
cantidade que hai uns anos (xubilación máis,
xubilación menos).
·
* A
convocatoria de bolsas INDITEX foi a mesma que no
2014. Xestionáronse este ano as solicitudes na
escola de doutoramento, a xestión económica e o
pagamento fíxose desde o negociado.
O gran cambio
produciuse respecto dos contratos de cap. VI
O volume de contratos é tamén facilmente
computable, non hai máis que pedir datos ou ben á
xerencia ou ben á vicerreitoría de investigación:
o
- Altas de
contratos de programas de recursos humanos desde o
día da resolución ata hoxe.
o
- Altas do
resto de contratos vinculados a proxectos,
convenios etc. desde o día da resolución ata hoxe.
Os datos son
os datos, non menten.
Cando se vexan os datos (un ano despois)
discútese o reparto:
·
Negociado
de contratos: contratos de programas de recursos
humanos.
·
Negociado
de bolsas e axudas propias: o que xa xestionaba o
negociado + resto de contratos vinculados a
proxectos, convenios, etc..
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript