Outubro de 2015
 
 

NÚMERO 289- 19/10/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Candidatos
Xa temos dous candidatos. Daniel Pena e Julio Abalde competirán se Fermín Navarrina non se une a un dueto que, de ningún xeito merece, ningún dos tres, ser o máximo representante da nosa universidade. A oferta non me satisface, volver a un pasado cunha dereita ultramontana que, a pesar de tela preto sempre desexamos que nunca volvera, o pasado máis recente, disfrazado de esquerda, pero de mal trago para todas e todos nós ou a opción dunha dereita parece que máis civilizada. As voces que se pronuncian polo mal menor xa se empezan a ouvir. O problema é dilucidar cal deles  representa ese mal menor. Glup, xa teño dificultade ao tragar.

Imos institucionalizar o malgasto?
A situación económica da universidade non é gratuíta, non pasa porque si. Na nosa universidade, quen levamos o control económico sabemos que o malgasto é moi habitual sendo denunciado só esporadicamente. Ao ler no periódico o nome do sr. Daniel Pena Agras lembrei un artigo publicado no PASquín no que se denunciaba o malgasto no proxecto de investigación Peixe Verde do que José Daniel Pena Agras é investigador. Merece a pena recordalo. Hai que ter memoria.

Hai outras eleccións
En decembro, non sei se antes ou despois das eleccións de reitor, haberá eleccións xerais. Tede por seguro que o réxime salvarase, pero non por unha "segunda transición" aínda máis letal que a primeira. Todo vai transcorrer suavemente, sen sobresaltos, cun PP triunfador e un PSOE e uns C’S que non se van a saír nin un milímetro do guión. E todo iso porque decenas de millóns de votantes así o quixeron porque por máis que lles mexen e lles caguen na cara séguelles sabendo a pouco.

 

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript