NÚMERO 291 - 02/11/2015
CUTUDC / Novidades
A Coordinadora AntiPrivatización da Sanidade Publica súmase á esixencia de explicacións pola morte dunha enferma o pasado 21 de outubro no HUAC. O silencio da Xerencia do Hospital diante deste feito, fai que xurdan moitas preguntas que poden sintetizarse nunha: ¿Había ou non camas pechadas no Hospital, onde puideran acoller á enferma? E senón é así, que o digan claramente.
Do que non
existen dúbidas, son as nefastas consecuencias dos
recortes impostos pola Xunta nos servizos sociais,
comezando polo Sergas. Recortes en persoal
sanitario, de tal xeito que os traballadores e
traballadoras da saúde van camiño de ter ou ben o
don da ubicuidade (estar en dous lugares o mesmo
tempo) ou non poder atender a todas as persoas que
enfermen. Recortes en medios e investimentos, como
o peche de camas (no verán 1200 camas pechadas,
como se as enfermidades colleran vacacións), para
despois derivar á sanidade privada o que tería que
facerse na sanidade pública.
Os hospitais privados e as aseguradores crecen a
medida que o estado deixa de facer investimentos no
sistema sanitario público. E quen paga estas
políticas son os traballadores e traballadoras nas
súas condicións laborais e persoais (estress,
etc.), e os usuarios e usuarias, que ven como os
seus dereitos a unha sanidade de calidade
desaparecen cos recortes. Por onde desaparece o
estado, aparece o negocio privado, onde por
definición o beneficio está por riba de calquera
outra consideración.
A Coordinadora Antiprivatización considera que a
saturación das urxencias, o peche de camas, os
recortes en persoal e investimentos son feitos
probados, e as tráxicas consecuencias da
austeridade imposta desde a UE e os gobernos non
tardarán en aparecer. Por este motivo, chamamos a
todas as persoas que sufran estas consecuencias a
que denuncien, a que esixan os seus dereitos a unha
sanidade de calidade e pública, financiada polos
nosos impostos e non por esmolas dos “ricos” con
mala conciencia de seren “tan” ricos . A sanidade é
un dereito non unha concesión.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript