Outubro de 2015
 
 

NÚMERO 290 - 29/10/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Resumo do Consello de Goberno do día 27 de outubro de 2015

Na sesión do día 27, o Consello de Goberno aprobou a Oferta de Emprego Público (OEP) de PAS funcionario do ano 2015. Como sabedes, por primeira vez desde o comezo dos recortes, a OEP, contempla o 50% da taxa de reposición, é dicir, cóbrense a metade das vacantes producidas no ano 2014. Tamén se nos comunicou que a restitución do 26,23% da extra de 2012 se realizará na nómina de novembro. Unha vez máis instamos ao reitor e ao xerente a non recorrer ao emprego precario que ofrece o Ministerio para dar resposta ás necesidades de persoal, como veñen facendo cada ano na Sección de Bolsas.

 

  • Noticias relacionadas

 

Do desenvolvemento da sesión cabe salientar:

Na súa intervención o xerente sinala que, unha vez recibidos os fondos
(a Xunta enviou o diñeiro fóra de prazo para poder facer a restitución na nómina deste mes) a Universidade procederá á devolución do 26,23% da paga extra de 2012 na nómina de novembro (lembrar que as traballadoras e traballadores da Xunta cobrarana na nómina de outubro).
 
Punto 9. Aprobación, se proceder, da Oferta de Emprego Público de PAS funcionario 2015 (pendente de autorización da Consellaría de Facenda).
 
O xerente sinala que xa tiña o visto bo da Consellaría de Facenda. Aprobouse por unanimidade.
 
20. Quenda aberta de intervencións
 
Xosé Portela sinala que durante o ano os servizos pasan por períodos nos que a actividade se incrementa de xeito moi importante. Xustificándose na situación económica da Universidade o equipo de goberno pon á Unidade de Bolsas e ás traballadoras e traballadores na diatriba de escoller entre a realización de horas extra e a de recorrer, unha vez máis á convocatoria do MECD contratando dúas traballadoras ou traballadores con contratos precarios a través da empresa de traballo temporal TRAGSA.
 
A Xerencia descarga a súa responsabilidade que non é outra que velar porque o servizo teña a dotación de persoal suficiente para o desenvolvemento da súas funcións, transferíndolla ao servizo e ás súas traballadoras e traballadores que optan, segundo a documentación transmitida, pola contratación a través da empresa TRAGSA.
 
Non estamos de acordo nin na alternativa da realización de horas extra nin da contratación en precario de traballadoras ou traballadores. A situación económica da Universidade tampouco xustifica a contratación de traballadoras ou traballadores con salarios que non lles permiten chegar dignamente a fin de mes. Temos que sinalar que neste caso, na RPT existe unha praza que a Xerencia se negou a que aparecese no último concurso.
 
Instamos á Xerencia a non recorrer a este tipo de contratación.
 
Hoxe soubemos que mañá se incorporará un traballador ou traballadora no Servizo de Intervención sen que a Xunta de Persoal fose informada. Instamos, unha vez máis, á Xerencia a que informe ao órgano de representación das modificacións laborais, administrativas, contratacións... que se produzan no noso colectivo.
 
O xerente sinalou a situación económica como factor determinante para optar á convocatoria do Ministerio que se desenvolve mediante a contratación de dous traballadores a través da empresa estatal TRAGSA. Acepta que se debe solventar a falta de comunicación coa Xunta de Persoal aínda que estes contratos se realizan con tanta premura que, ás veces, son dun día para outro.

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript