NÚMERO 291 - 02/11/2015
CUTUDC / Novidades
O Foro Galego da Inmigración, xunto a outros colectivos sociais, bota a andar a III Semana Galega de Loita contra as Fronteiras con actividades en diferentes localidades.
Nesta 3ª semana, que terá
lugar entre o 2 e o 6 de Novembro,
acolleremos a visita da compañeira Ainhoa Nadia
Douhaibi Arrazola, educadora social e activista no
movemento en defensa dos dereitos das persoas
migrantes. Ainhoa é unha das compañeiras que
impulsa a iniciativa
Tanquem els
Cies (“pechemos os CIEs”) que denuncia a
continua violación de dereitos que acubillan os
Centros de Internamento para Estranxeiros.
As compañeiras e compañeiros de Tanquem colaboran
tamén coa
Campaña estatal para o peche dos CIE, así como
coas iniciativas que denuncian as
deportacións masivas de persoas migrantes
apoiadas por Air Europa e Swift Air.
Ademais dos encontros con Ainhoa, durante esta
semana, o Foro Galego de Inmigración presentará a
Moción “Cidades libres de CIE” que pula por acabar
coa persecución policial e redadas racistas ás
persoas sen papeis, ademais de demandar o fin dos
CIE no conxunto do territorio estatal.
Tamén haberá tempo para a reivindicación máis
lúdica e outros moitos espazos de encontro onde
facernos máis fortes fronte á discriminación
racista e xenófoba que nos impoñen.
Tedes información completa sobre a semana no
blogue:
https://contraasfronteiras.wordpress.com
Aquí o programa de actividades:
A CORUÑA
- Charla, luns 2 de novembro ás 19:30h en R/
Mosteiro de Caaveiro, 4.
- Presentación da moción "A Coruña libre de CIEs",
mércores 4 de novembro ás 12:30h no Concello. Rolda
de Prensa e entrega da moción á Concelleira de
Igualdade e Diversidade.
- Cea senegalesa: xoves 5 de novembro ás 21:30h no
restaurante Mama África, R/ Pascual Veiga, 14.
FERROL
- Charla, martes 3 de novembro ás 19:30h na Galería
Sargadelos. R/ Rubalcava 30-32.
- Presentación da moción "Ferrol libre de CIEs",
martes 3 de novembro a partir das 12:00h no
Concello con Rolda de Prensa.
COMPOSTELA
- Charla, mércores 4 de novembro ás 20:00h na
Librería Lila de Lilith. Rúa Travesa nº 7.
- Presentación da moción "Compostela libre de
CIEs", mércores 4 de novembro ás 11:00 no Concello
con Rolda de Prensa e entrega da moción á
Concelleira de Benestar Social.
LUGO
Xoves día 5 de Novembro
- 11:00 h: Rolda de Prensa. Concentración. Entrega
da Moción no Concello. Na Praza Maior.
- 17:30 h: Kamishibai. Contacontos para nen@s con
teatrillo. No Centro Social Madia Leva (Serra de
Ancares nº 18).
- 19:00 h: Cantares de Cego con Mini e Mero no
Centro Social Madia Leva (Serra de Ancares nº 18).
- 20:30 h: Charla: Stop Deportacións. (Randi
Montero, Colectivo Sem Papeis). No Centro Social
Madia Leva (Serra Ancares nº 18).
VIGO
Charla, xoves 5 de novembro ás 20:00h Local de
Árbore (rúa López Mora nº 30) en colaboración con
GAS e ODS.
Xuntamos cartaz da Semana e o texto da moción
“Cidades libres de CIE´s.
mocion_galego.pdf
sfronteiras3_web.jpg
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript