Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 291 - 02/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  INTERNACIONAL
 

Traballadores ferroviarios franceses mobilízanse contra privatización do servizo

Os sindicatos de traballadores dos ferrocarrís franceses volveron a saír á rúa para denunciar a política do Goberno francés de desmantelamento do servizo público ferroviario e a perda de dereitos adquiridos.

 

  • Noticias relacionadas

 

A maioría dos 184.000 traballadores da Sociedade Nacional de Ferrocarrís franceses (SNCF), están en contra da reforma ferroviaria imposta polo Goberno. Hoxe saíron á rúa para dicilo unha vez máis e denunciar e condenar a estratexia dunha dirección que acelera a supresión de empregos, modifica a organización do traballo e a regulamentación cun só obxectivo: gañar diñeiro.
 
Os manifestantes aseguran que o servizo público está a ser desmantelado e que o Goberno autoriza a supresión de liñas, a redución do número de trens e o peche de estacións para aforrar diñeiro sen importarlle as consecuencias sociais.
 
Entre os manifestantes tamén están os ferroviarios xubilados. Pensionistas preocupados pola posta en dúbida de dereitos adquiridos, pola conxelación das súas pensións, pola perda de poder adquisitivo.
 
O próximo 19 de novembro haberá eleccións sindicais. A Confederación Xeral do Traballo (CXT) francesa, e o sindicato Solidarios, hoxe maioritarios, esperan aumentar esa maioría para poder manter o pulso co Goberno de François Hollande e seguir defendendo un ferrocarril público e de calidade.
 
El insurgente. Menea e vencerás...

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript