Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 291 - 02/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  COMITÉ DE EMPRESA DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
 

Despois da manifestación polos dereitos do persoal dos centros de atención directa, o conselleiro de política social toma nota e dáse por enterado

A manifestación celebrada hoxe, 29 de outubro, baixo un intenso augueiro, reuniu en Compostela a traballadores/as dos centros de atención directa de Política social de toda Galicia.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Convocados polos Comités de empresa de Coruña, Lugo e Pontevedra, cerca de 300 traballadoras/es percorreron o traxecto dende Porta do Camiño ate San Caetano, denunciando as condicións escravistas e os recortes en medios e material. Baixo o lema” En defensa dos servicios sociais” e con berros de “ Recuperación xa do artigo 19”, “ O público é servizo o privado é beneficio”,“ Política Social non é servir ao capital” e “ Negociación, non imposición”. A manifestación rematou coa lectura de un manifesto, pola poetisa e activista social de mais de 80 anos, Luz Fandiño. No mesmo reivindicouse a continuidade da loita e das reivindicacións para rematar coas políticas do PP de recortes dos dereitos e do desmantelamento dos Servizos sociais.
 
Ler comunicado completo

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript