Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 291 - 02/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  ELECCIÓNS
 

Xuristas crean unha plataforma para que se facilite o voto dos españois no estranxeiro

Un grupo de xuristas decidiu constituírse en plataforma para defender o dereito ao voto dos españois residentes no estranxeiro, baixo o nome de DosMillonesDeVotos, ante as enormes dificultades que atopan para poder votar nas eleccións tras a implantación do denominado ‘voto rogado’. Marea Granate explica na súa web instrucións para facilitar o voto a estes emigrantes.

 

  • Noticias relacionadas

 

A plataforma denuncia as consecuencias da modificación de 2011 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral que incrementa as dificultades dos residentes no exterior para votar. Segundo explican nunha nota de prensa, preto de dous millóns de españois residen no estranxeiro, “moitos deles empuxados a emigrar nos últimos anos pola grave crise económica”.
 
Aseguran que a reforma lexislativa tivo un efecto devastador sobre o exercicio do dereito ao voto destes cidadáns. A modificación estableceu o procedemento de solicitude do voto, o chamado “voto rogado”, e os obstáculos que leva “produciron un enorme descenso na participación electoral desde o estranxeiro”, que pasou de aproximadamente un 35% antes da reforma a menos do 5% de participación nas últimas eleccións municipais e autonómicas.
 
“A pesar dos efectos perniciosos desta reforma para a saúde da nosa democracia e das constantes denuncias de colectivos como Marea Granate, o Congreso non foi capaz de axuntar unha maioría suficiente para adaptar a lei co obxectivo de facilitar, en lugar de obstaculizar, o dereito ao voto desde o exterior”, agregan.
 
El Ventano

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript