Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 292 - 09/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  COORDINADORA ANTIPRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA – A CORUÑA
 

6ª Marea Branca

Porque seguimos tendo motivos para saír á rua, o domingo 15 de Novembro volta a Marea Branca á Coruña e Santiago. O desmantelamento progresivo da nosa sanidade, a falta da vacina da meninxite B que provocou a morte dun novo inocente, a do tétanos, a pentavalente e a da tosferina, os colapsos continuados das urxencias que seguen a provocar o sufrimento dos doentes que se achegan a ese servizo, a contratación irracional de persoal por horas ou dias, etc. son indicadores de que o noso sistema o están a destruír.

 

  • Noticias relacionadas

 

Mentres seguen pechadas camas nos centros públicos, ábrense novas instalacións en hospitais privados que se frotan as mans ante o negocio que o noso goberno lles está brindando coas derivacións e concertos.
 
Segundo o último informe da OCDE o gasto capital en sanidade (construción de hospitais, centros de saúde, equipamento, investigación ou innovación) caeu á metade do que tíñamos en 2005. De 2380 millóns de euros, pasamos a 1405 millóns. O gasto sanitario segue caendo dende 2009 e afloran datos como o do número de enfermeiras por cada 1000 habitantes que nos sitúa á cola dos países da OCDE, no posto 33.
 
Segundo os datos aportados polo Consello Económico e Social, a nosa comunidade foi a que mas recortou o presuposto sanitario por habitante en 2015 cun recorte do 10,37%. Só outra comunidade, a de Aragón, reducíu o presuposto nun 0,30%, o resto das comunidades o incrementaron.
 
Dende aquí animamos e felicitamos aos compañeiros que loitan en Vigo polos logros conseguidos ata o de agora, e que o domingo farán unha marcha ata o Hospital Álvaro Cunqueiro na defensa da sanidade pública e por un hospital 100% público.  O Domingo berraremos con eles que a sanidade é nosa e que non imos permitir que coa nosa saúde se faga negocio.
 
A loita é o único camiño, só así conseguiremos ter unha sanidade pública, universal, gratuíta e de calidade.
 
Reiteramos a petición ás forzas políticas para que se comprometan  a derrogar as Leis 15/1997, a 16/2012, o artigo 90 da Lei Xeral de Sanidade e o artigo 135 da Constitución. Só así estará garantida unha sanidade 100% pública.
 
¡¡A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE!!
 
Domingo 15 de Novembro ás 12:30 da mañá:

 
A Coruña: …………………….  Praza do Obelisco
Santiago de Compostela …... Praza do Toural

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript