Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 292 - 09/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

O DOG publica a Oferta de Emprego Público

O DOG do venres, día 6 de novembro, publica a Oferta de Emprego Público (OEP) do ano 2015, como xa vos informamos con anterioridade este será o primeiro ano, desde o inicio da “crise” que se publica. A exigua cantidade de postos que nela se relacionan ven derivado de que, por lei, só pode contemplar o 50% das prazas que quedaron vacantes, por xubilación ou outro motivo, durante o ano 2014.

 

 

A ridícula cantidade de postos que contén fixo que a Xunta de Persoal solicitase á Xerencia a acumulación coa OEP do ano 2016 que recollerá o 100% das prazas que queden vacantes durante o ano 2015. Polo tanto a convocatoria de oposicións ás prazas que se recollen na OEP publicada o pasado venres adíanse até a negociación e publicación da Oferta de Emprego Público de 2016.

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript