NÚMERO 292 - 09/11/2015
CUTUDC / Novidades
Somos un sindicato asembleario que participamos nunha candidatura (APA), tamén asemblearia. Consideramos, polo tanto, que as asembleas son o eixo da nosa acción sindical. Contrastamos pareceres, consensuamos e tomamos postura nas asembleas. Non obstante tamén consideramos que para a toma de decisións que afectan a todo o colectivo debemos habilitar os medios necesarios para que ningún traballador/a poida ver menoscabado o seu dereito a ser partícipe na toma de decisións. Os medios telemáticos permítennos hoxe, dun xeito sinxelo, o que antes requiría urna e tempo para o desprazamento ao lugar de votación.
Ao PAS recoñéceselle a súa alta participación en todas as consultas tanto a nivel institucional (elección dos órganos de goberno universitario) como sindical. Incluso o sindicato que agora reclama a decisión en asemblea, maioritario nalgúns momentos no Comité de Empresa, nos convocou a tomar algunha decisión en urna, pasou iso, sen ir máis lonxe cando en abril de 2008 votamos o primeiro proxecto de funcionarización no que, despois das correspondentes asembleas, votamos en urna e cunha participación, por certo, do 86,42% do censo (ao que deixaron votar).
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript