Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 292 - 09/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  SEGURIDADE SOCIAL
 

Xa podes facer o autocálculo da túa pensión

Desde o día 5 de novembro a seguridade social pon a túa disposición a posibilidade de facer o autocálculo da pensión de xubilación. Con este servizo, poderás efectuar un cálculo aproximado da contía da túa futura pensión de xubilación, salvo no caso do Réxime Especial do Mar, debido ás súas peculiaridades.

 

 

De maneira sinxela, o interesado deberá introducir os datos que se lle van requirindo, contando en determinados casos cunha opción de "axuda" con explicacións para poñer os datos de xeito correcto.
 
De acordo cos datos introducidos, o sistema determinará:
 
    O réxime de seguridade social polo que se recoñece a xubilación.
 
    A base reguladora da pensión (que se calcula en función das bases de cotización introducidas polo cidadán; estas bases actualízanse automaticamente polo sistema co Índice de Prezos ao Consumo real para estimar unha xubilación ata dous anos vista e con índices do 2 % anual para estimar unha  xubilación a tres ou máis anos vista).
 
    A porcentaxe aplicable á base reguladora (que se calcula en función da idade legal de acceso á xubilación ordinaria que en cada caso corresponda e do período de cotización acreditado).

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript