Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 292- 09/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Se non é como eu quero non xogo
A Xunta de Persoal leva decepcionándome moitos anos, neste caso, cando parecía que se podía asistir a unha asemblea “sen tensións importantes”, na asemblea á que asistín si se falou de circunstancias que podían afectar na decisión á hora de votar, falouse das dúas prazas con cambio de denominación e funcións do Servizo de Investigación, tamén se nos dixo o que pasaba coa praza de Rexistro. Salvadas estas cousas parecía que a asembleas podían ser máis de reflexión e menos de confrontación entre os sindicatos da propia Xunta de PAS. Pois como parece que estamos condenados a que sempre se estire a goma, un dos sindicatos non asiste ás asembleas porque neste caso, non son decisorias, xa logo parece que estamos xogando ao  Scattergories, ese xogo do anuncio no que un participante marcha co taboleiro porque non lle aceptan pulpo como animal de compañía. Ridículo.

Asembleas
Sorpréndome cada vez que se convocan asembleas o número tan reducido de traballadores que se senten involucrados nos debates para ter criterio á hora de tomar decisións. As asembleas convértense, na práctica nun continuo  que hai do meu?, sen debater sobre asuntos de interese xeral. Na que eu fun, dúas compañeiras insistían na promocións mediante as listas de agarda, o persoal de laboratorio en que a súa promoción era moi tarde. Non chegan a entender estes compañeiros que, por un lado os comisións de servizo están reguladas e que o que se nos presentou a votación é esencialmente un proxecto electoralista e que igual que a súa promoción se retrasa ningunha está asegurada, creo que ese é o verdadeiro problema.

Non o entendo
Mira que o penso veces e non o chego a entender, fáloo coas miñas compañeiras e tampouco nos chegamos a aclarar. Se ao voto electrónico podemos acceder todos no PAS, porque sendo válido e democrático para a elección do reitor (o que non é democrática é a ponderación do voto), porqué non vale para facer unha consulta no noso colectivo?, na resposta, se alguén ma proporciona, non quero demagoxias.

 

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript