Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 292 - 09/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Corpo único

Á marxe de consideracións sobre a perda de dereitos económicos, laborais e sociais derivadas da funcionarización, este proceso significou a consecución dun importante obxectivo que reivindicamos desde hai moitos anos: O CORPO ÚNICO.

 

  • Noticias relacionadas

 

O persoal que nos funcionarizamos, hai anos (auxiliares técnicos de biblioteca) e agora (persoal laboral) integrámonos nun colectivo con diferente normativa desde o acceso (contrato/nomeamento), o xeito de ocupar prazas de xeito temporal, o proceso de promocións...
 
Corresponde ao persoal que nos incorporamos ao colectivo de PAS funcionario asumir todos eses procedementos. Non obstante, porque todo é susceptible de ser mellorado, na medida que saibamos e poidamos tamén nos tocará ir modificando esa normativa co ánimo de mellorar  a situación de TODO O COLECTIVO, sempre contando coa vontade maioritaria do PAS funcionario.
 
Non entendemos que neste colectivo que estamos a formalizar existan normas e comportamentos diferentes segundo a escala á que se pertenza, de aí a nosa intransixencia á hora de negociar a modificación da RPT.

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript