Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 292 - 09/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA
 

O investimento sanitario en España co PP cae á metade da que había en 2005

O investimento na sanidade española en 2012 representou a metade do investido en 2005, segundo un informe sobre a saúde publicado por a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), ao que pertencen 34 países de todo o mundo. España ocupa os último lugares en case todos os índices en que se basea o estudo, denominado ‘Health at a Glance 2015

 

 

A OCDE entende por gasto capital en sanidade, o gasto en construción de hospitais e outros centros de saúde, o gasto en equipamento (maquinaria médica, ambulancias), o gasto en investigación, desenvolvemento ou innovación. No seu informe, o organismo sinala que hai varios países europeos que sufriron “reducións severas no gasto de capital en sanidade”, e entre eses países, a OCDE resalta dúas: Grecia e España.
 
Os países da OCDE gastan de media en sanidade 3.453 dólares per cápita, moi por encima dos 2.898 dólares que gastou España en 2013. Esa caída foi progresiva ano tras ano, e entre os anos 2009 e 2013 o gasto sanitario en España caeu un 1’7%”. No ano 2005 España gastou en capital sanitario 2.380 millóns de euros. E en 2012, ese gasto sufriu un recorte dun 40% ata os 1.405 millóns.
 
As secuelas desa falta de investimento en Sanidade ven, por exemplo, no pobre volume de enfermeiras/os que hai en España. Segundo este informe, España ocupa o penúltimo lugar dos 34 países que integran o organismo, cunha taxa de 5,14 enfermeiras/os por cada 100.000 habitantes, mentres que a media da OCDE está en 9.
 
A OCDE tamén saca as cores a España na porcentaxe de camas hospitalarias. A media da OCDE está en 5 camas por cada 1.000 habitantes, mentres que en 2013 España tiña 3 camas por cada 1.000 habitantes. No que se refire á taxa de médicos, España ocupa o posto 11 da OCDE cunha taxa de 3’81 médicos por cada 1.000 habitantes, fronte ao 3,27 da media da OCDE.
 
Cadena Ser

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript