Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 294 - 23/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Burocracia versus desregulación

Na reunión que a Xunta de Persoal tivo con Daniel Pena, o candidato a reitor sinalou que o seu programa tiña catro apartados esenciais: Xestión, Docencia, Investigación e Sociedade. Subliñou como aspecto negativo e transversal a estes catro apartados a burocracia. Analizar este criterio para nós é moi importante porque, aínda que non o desenvolveu na reunión pode esconder a base argumental para a aplicación das políticas neoliberais que poida ter previstas para a Universidade.

 

  • Noticias relacionadas

 

Sinalaba Ludwing von Mises (1881-1973):
 
“Os termos «burócrata», «burocrático» e «burocracia» constitúen claras invectivas. Ninguén se chama a si mesmo burócrata ou considera burocráticos aos seus propios medios de administración. Estas palabras aplícanse sempre cunha connotación oprobiosa. Sempre implican unha crítica despectiva de persoas, institucións ou procedementos.”
 
Cando se fala de burocracia no contexto empregado polo candidato normalmente búscase significar que fai falta “menos regulación”, é dicir, máis “liberdade de acción” e, en definitiva como obxectivo último a “desregulación”.
 
Estamos segur@s de que as circunstancias e os posicionamentos non serán tan radicais como o sinalado no parágrafo anterior (a desregulación
absoluta é imposible) pero si, se é ese o obxectivo, proliferarán as normas cada vez menos detalladas, que permitan levar a efecto as decisións do goberno da Universidade sen que o peso dos regulamentos o impidan. Neste punto non podemos deixar de sinalar que o goberno actual, cando lle interesou, deixou en papel mollado o establecido regulametariamente.
 
Alixeirar a burocracia, neste escenario, vai acompañada da debilitación dos servizos e servidores públicos, tamén, da desregulación
(no sentido sinalado) e o enfraquecemento do aparello institucional e do carácter da representación social da administración pública, sendo un medio utilizado habitualmente para a implantación de políticas neoliberais.
 
Nas mans do candidato e equipo está clarexar esta circunstancia.

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript