NÚMERO 294 - 23/11/2015
CUTUDC / Novidades
Estes días tivemos reunións con ámbolos dous candidatos a reitor. O día 17, a Xunta de Persoal reuniuse co Julio Abalde, este candidato comunicounos que realizaría outra reunión co PAS o día 19 en Coruña e o día 20 en Ferrol. Pola súa parte o outro candidato Daniel Pena reuniuse coa Xunta de Persoal o día 20. Os dous candidatos, despois de facer un resumo do seu programa sometéronse ás preguntas dos compañeiros e compañeiras da Xunta de Persoal que asistiron ás respectivas reunións.
Aínda que a
día de hoxe o equipo de Julio Abalde é de público
coñecemento, no momento da reunión ningún dos dous
candidatos revelou o nome das persoas que o
acompañarán. Unha consideración importante é que o
candidato Daniel Pena sinala que as súas respostas
son a manifestación das súas liñas programáticas
non de compromisos.
As cuestións tratadas con ambos candidatos foron
practicamente as mesmas:
Respectará
o acordo Xerencia-PAS referendado mediante votación
o pasado día 12?
Julio Abalde
·
Si. Sinala
que así como os incrementos económicos e as OEP
están condicionadas en todos os sectores, as
promocións, ao contrario que sucede cos PDI no PAS
son factibles, sen limitacións.
Daniel Pena
·
Descoñece o
acordado polo tanto non se pode pronunciar.
Profesionalización da xestión
Julio Abalde
·
Móstrase
como firme defensor das posibilidades de promocións
dentro do colectivo
Daniel Pena
·
Manifesta que todo o mundo ten dereito á
promoción sexa PAS (funcionario ou laboral) ou PDI.
Considera que a profesionalización da xestión é
algo necesario.
Manuais de funcións e procedementos
Julio Abalde
·
Sinala que
a súa traxectoria demostra o seu compromiso neste
terreo, as reunións realizadas para o seu
establecemento nas UADI é unha boa mostra.
Coincide en consideralos necesarios no plan de
formación.
Daniel Pena
·
Considera
os manuais de funcións e procedemento como unha
ferramenta imprescindible.
Organización e distribución xeográfica de
competencias
Julio Abalde
·
A
Vicexerencia de Ferrol debe funcionar como unha
delegación do xerente. A responsabilidade última
está na Xerencia.
Daniel Pena
·
Considera
innecesaria a Vicexerencia e a Vicerreitoría de
Ferrol. No que afecta directamente ao PAS cre que
debe existir unha Xerencia con dúas Vicexerencias,
unha de carácter económico e outra que se ocupe dos
temas de persoal pero non pensa que se deba
estruturar por campus. A Xerencia podería estar
ocupada por un PAS
Software
libre
Julio Abalde
·
É sabido a
importancia que desde este equipo de goberno se lle
da á implantación do software libre, farase e
ampliarase a súa implantación na medida en que sexa
compatible coas aplicacións en uso.
Daniel Pena
·
Sempre que
se poida optarase polo software libre.
Renovación
parque informático
Julio Abalde
·
A situación
económica impide a actualización coa frecuencia que
lle gustaría. A implantación do VDI axuda na
reutilización de hardware.
Daniel Pena
·
Pensa que
se debe centralizar o gasto para aforrar o máis
posible tanto no hardware como no software e dar o
mellor servizo posible neste terreo.
Recuperación dos dereitos perdidos acción social,
horario de verán...
Julio Abalde
·
O
incremento do custo da plantilla (por crecemento
vexetativo) que cifra nun 2% anual e a diminución
do orzamento obrigou a tomar medidas de recorte na
acción social. Na medida en que as condicións o
permitan comprométese a restituír a situación.
Daniel Pena
·
Si á
recuperación sempre que sexa posible
economicamente, no que fai referencia á redución de
horario tamén o ve factible.
Prazas da
RPT que non se cubren, presenza de controladores
Julio Abalde
·
Non
controla esta situación, maniféstase en contra das
externalizacións.
Daniel Pena
·
Manter a
RPT e que se cubran as prazas se hai posibilidades
económicas é unha das súas prioridades.
Plan de
axuste
Julio Abalde
·
O plan de
axuste ten data temporal no 31 de decembro, hai un
compromiso da Xunta a proporcionar os fondos anuais
coa axilidade suficiente para facer fronte á
situación económica.
Daniel Pena
·
Descoñece a
situación económica da Universidade. Entende que as
fusións de centros e departamentos requiren dun
pausado estudo. De momento só se pronuncia pola
fusión da E. U. Politécnica e da E. Politécnica
Superior. Os departamentos, coa configuración
actual están superados, non teñen razón de existir.
A necesaria aposta pola investigación requirirá
unha readaptación nas UADI para dar soporte aos
grupos de investigación.
Marco de
mobilidade do PAS
Julio Abalde
·
Maniféstase
de acordo coa súa continuidade e defende o acordo.
Daniel Pena
·
Considera
que se debe propiciar e posibilitar o acordo entre
as tres universidades para que se poida habilitar
un acordo marco efectivo.
Diferenzas
programáticas co equipo anterior
Julio Abalde
·
Sinala que
o seu equipo representa a continuidade per que non
é continuista, as liñas básicas son as mesmas pero
no así a súa execución.
Daniel Pena
·
As
diferenzas son substanciais. Significa que ás
conversas para formar unha candidatura única
convidaran a Nova Luce que, á súa vez, rexeitou a
proposta.
Residencia
utilizable para o intercambio?
Julio Abalde
·
A
residencia poderase utilizar para o intercambio.
Daniel Pena
·
Tamén
sinala que posibilitará o uso das residencias para
o intercambio.
Malgasto
como exemplo o gasto
realizado nun centro por 3.000€ nun cadro dun ex
decano.
Julio Abalde (reunión coas traballadoras e
traballadores na Reitoría)
·
Defende a
autonomía dos centros á hora de tomar decisións,
pedir responsabilidades corresponde aos que
elixiron a quen é responsable da realización do
gasto
Daniel Pena
·
Aínda que
defende a autonomía dos centros, en caso como este
pediría responsabilidades e non aceptaría o gasto.
Papel da
Fundación
Daniel Pena
·
Entende que
a Fundación pode ter importante papel no futuro da
Universidade, en concreto sinala que así como
algúns proxectos terán que levarse a través da
Universidade outros levaranse a través da
Fundación.
Voto
electrónico. A prensa
sinala a súa desconfianza co voto electrónico. Cal
é o motivo?
Daniel Pena
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript