Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 294- 23/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Candidatos
O outro día asistín á reunión programada por Julio Abalde, constatei que non falamos a mesma linguaxe, na reunión que comezou coa exposición do seu proxecto por parte do candidato, continuou coas preguntas dos presentes. A xente apuntaba problemas cotiás que o candidato respondía con dificultade ou non podía porque non sabía. Ao PAS, a parte do institucional interésanos o día a día e a xestión, propoñeríalle a este, se volve a convocar ou aos posibles candidatos alternativos que cando falen co persoal leven aos membros do equipo que coñecen da problemática, seríalles moito máis fácil.

As alternativas
Ao ter que votar o 3 de decembro ao novo reitor, púxosenos na situación de escoller entre o malo ou o peor. Tivo, non obstante, unha cousa positiva, pois ao ser só dous candidatos non nos prolongarán o suplicio cunha segunda volta.

Incerteza
Por moito que se sinale que a sinatura, acordo do Consello de Goberno, etc. da fiabilidade e consolida o acordado sobre promocións e RPT, teño a dúbida de que non poida aparecer algún problema ao ocupar, se é o caso, un novo candidato o cargo de reitor. Sería ben, incluso necesario, buscar o compromiso dos dous que se presentan, do continuista parece fácil, sería preciso requirirllo, dalgún xeito, ao que se presenta como alternativo.

 

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript