Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 294 - 23/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES
 

Méndez de Vigo: "Vai demasiada xente á universidade. Temos que equilibrar"

O ministro de Educación, Iñigo Méndez de Vigo, asegurou este mércores en Berlín nun foro hispano-alemán que en España hai demasiados universitarios e poucos alumnos de formación profesional. "Vai demasiada xente á universidade. Temos que equilibrar" o número de estudantes universitarios e de formación profesional, asegurou o ministro.

 

  • Noticias relacionadas

 

A reflexión enmarcábase dentro dos cambios a nivel educativo que España ten que aplicar, a xuízo de Méndez de Vigo, para que a economía nacional se manteña na senda do "crecemento sustentable". As claves neste ámbito son a mellora da calidade do sistema educativo e a redución do fracaso escolar, explicou Méndez de Vigo.
 
Para iso, agregou, é preciso un "pacto nacional pola educación" que saliente a "programación, a axenda dixital" e o estudo de linguas, un elemento crave para a integración europea.
 
Ademais, o sistema educativo debe saber canalizar a un maior número de mozos cara aos ciclos de formación profesional, tal e como sucede en Alemaña, para o que é preciso mellorar o "prestixio" deste tipo de educación.
 
Dentro destes esforzos está o plan para introducir en España a "formación profesional dual", que combina a educación en clases coas prácticas reais en empresas, que comezou de forma "modesta" pero que espera contar con 20.000 alumnos para finais deste ano, profundou o ministro.
 
El Confidencial

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript