Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 294 - 23/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  ELVIÑA NON SE VENDE
 

Manifestación pola restitución e desafectación xa!

O dia 27 fará un ano que "atacaron" o noso pobo desaloxando e derruíndo a casa de Varo e Isabel, a escusa foi que a casa molestaba para facer unha ponte que conectaba co Ofimático, ¿sabedes que vai pasar con esa ponte? pois que o final non se fai, e dicir, tiráronlle a casa e deixaron a unha familia na rúa para NADA.

 

  • Noticias relacionadas

 

 Pero o chiste do conto e que neste ano non cambiou nada, a Varo e o resto da xente ségueselles a esixir que paguen as coutas do Ofimático, que nalgúns casos pasan dos 20.000 euros (cada unha). E dicir que despois dun ano Varo esta sen casa e con débedas de miles de euros por un terreo que foi obrigado a aceptar e que por riba ten que urbanizar.
 
Non só queremos a desafectación senón tamén que se lle faga unha restitución a Varo e Isabel, e danos igual as escusas que nos queiran poñer sexa a Marea ou maría santísima.
 
O venres 27 de novembro, ás 20:30 horas, celebraremos o cabodano do derrubo e desaloxo da casa de Varo e Isabel e polo tanto imos facer unha Manifestacion-Antorchada que sairá do atrio da igrexa de San Vicente en Elviña (coma todo cabodano) e rematará xusto na entrada de Elviña. Gustaríanos que viñésedes de negro ou cun lazo-brazalete negro xa que estamos de loito, e loxicamente coma boa antorchada queremos que todos portedes un facho ou unha candea.
 
Estades tod@s convidad@s. Xunt@s somos Mais.
 
RESTITUCION e DASEFECTACION XA!!!!!
 
Páxina do evento
 
‪#‎ElviñaNonSeVende

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript