Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 294 - 23/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  INSTITUCIÓNS
 

As listas electorais, un lugar como calquera outro para buscarse un soldo

A cantidade de horas en reunións, debates, chamadas de teléfono, (con e sen whatsapp), asembleas, emails, informes… que miles de militantes de esquerda dedican ao feito electoral, darían case para xuntalas e asaltar, por fin, o Palacio de Inverno máis próximo.

 

  • Noticias relacionadas

 

   Desde o día seguinte dunhas eleccións hai que preparar as próximas, e así unha e outra vez, nun bucle imposible que dura xa décadas. Cando acaban as xerais chegan as municipais e senón as europeas ou autonómicas, todo xira na conformación das anheladas listas para ver quen vai (e consegue un soldo) e quen non (e queda relegado). As componendas, negociacións, compensacións, desembarcos de descoñecidos en tal ou cal provincia, os fieis ao líder e os seus discrepantes agudizan os debates, chamadas de teléfono, (con e sen whatsapp), asembleas, emails, informes… ao momento que unha persoa que ingresa a un partido por entusiasmo e entrega, acaba convencido que a política é iso: apoiar ou ir nunha lista, ou na súa falta, maldicir porque vai zutano, que se a xente ocoñecese…. (non o votaba nin a súa familia).
 
   A vida institucional réxeo todo, está omnipresente, tal e como esixen os donos do sistema, e tamén no anaquiño de torta que ceden aos disidentes verbais para que a cambio non se nos revolucione o galiñeiro. Todo sirve para que a esquerda que soña con cambiar as cousas desde dentro (sumando reformas tras reformas ata a vitoria final) estea entretida e allea ás rúas, pero encima convencida –e isto é o peor- que nelas non se consegue máis que unha boa pulmonía. Felipe González díxolles no seu día a todos e todas unha idea que repetiu varias veces ata o seu calado, argumentou que el prefería dez minutos de televisión a un millón de militantes. Faltoulle dicir … que un millón de militantes opinando sobre quen vai nas listas, co enredado que é iso para a xente común, e o ben que o fan os profesionais.
 
   Os máis aprontan, tras esgotadora precampaña, campaña e post campaña, papel e boli para sumar o 20D pola noite, e comprobar se os deputados do PSOE (á baixa pero sempre imprescindible nas sumas socialdemócratas), Podemos e EU dan os anhelados 175 escanos, para comezar así o “cambio” no país. Unha película que xa vimos naquel “Polo cambio” de 1982 (esa vez o PSOE sen aliados) e que os andaluces seguen gozando case desde entón nunha especie de aproximación ao “socialismo á europea” ou o “socialismo posible” ou o “socialismo dentro do borbonismo” para sabor, exemplo e gloria das esquerdas patrias.
 
   Tal é o rumbo e a importancia do asunto, que lembrar o que gaña unha señoría no Congreso dos Deputados ou no Senado, ou exporse a utilidade dunhas institucións nadas e vividas para esquivar gobernos obreiros, non é máis que demagoxia, e mera palabrería –din os afectados-  , como o é preguntar como fixo tal individuo para ir na ditosa lista en postos de saída, dado que todo o mundo sabe que foi casualidade ter algunha amizade na cúpula. É por valía persoal e como moito, por estar no sitio e o lugar adecuado no momento preciso. Non indaguen máis.
 
INSURGENTE.ORG

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript