Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 294 - 23/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

Non hai tregua: o número de ocupados pode caer dos 18 millóns en 2016

Se xa debullamos por aquí que a lexislatura que está a acabar non conseguiu solucionar practicamente nada o drama do paro en España, parece que o próximo Goberno que salga das urnas o próximo día 20 de decembro vaino a ter moi complicado xa de inicio.

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo a patronal das axencias privadas de colocación –máis coñecidas como ETT-, Asempleo, o número de persoas ocupadas en España pode caer dos 18 millóns actuais ao comezo do ano que vén. É dicir, prevé que o ritmo de creación de emprego pode desacelerar nos primeiros meses de 2016.
 
Aínda que no mes de outubro a afiliación creceu un 3,2%, en 530.947 persoas, debeuse ao compoñente estacional, co que en realidade a creación de emprego fraquea, pois, como tamén comentamos aquí, o mercado laboral español está estreitamente ligado á estacionalidade.
 
Así mesmo, o mes pasado creceu o desemprego, o que cadra co menor ritmo de creación de postos de traballo, tal e como sinala Asempleo. Por tanto, o inicio do novo ano pode agravar esta situación, xa que, a estacionalidade volve aparecer en escena, e o inicio de ano xoga na súa contra.

A contratación temporal enquístase aínda máis
 
E aínda que a estacionalidade parece totalmente intrínseca ao mercado laboral, a temporalidade é outro deses factores recorrentes que custa moito vencer. Segundo a patronal das axencias, no perfil dos novos contratos é unha das principais características, do mesmo xeito que os sectores –hostalería ou comercio-, aínda que aos poucos comezan a despuntar as actividades administrativas, sanitarias e informativas e de comunicación, segundo a última Enquisa de Poboación Activa (EPA).
 
Asempleo bota de menos ao sector das manufacturas nesta lista, que viña empuxando nos últimos meses. Deste xeito, a anterior EPA deixa un panorama preocupante de cara ao ano que vén, cando pode marcarse o inicio dunha etapa nova en España co posible fin do bipartidismo. Unha situación que pode ser causante dun parón temporal no emprego ante a incerteza inicial ou que pode ser o principio doutra travesía polo deserto para o mercado laboral español.
 
El Blog Salmón

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript