NÚMERO 294 - 23/11/2015
CUTUDC / Novidades
Os atentados de París do pasado venres e o posterior bombardeo de Francia en Siria reabriron un debate incómodo para gobernos e entidades financeiras que invisten en armamento. Un sector cada vez máis amplo da poboación cuestiona o negocio que existe tras as exportacións de material bélico e pregúntase pola ética dun negocio baseado na morte
En 2014,
segundo datos do Ministerio de Defensa que recolle
o
Centre Delàs, España obtivo ingresos de máis de
3.203 millóns de euros derivados de exportacións de
material militar. Unha cifra lixeiramente inferior
aos mesmos datos para 2013, ano en que o noso país
exportou armamento por valor de 3.907 millóns, pero
que se multiplicou por 10 desde 2004.
Segundo a mesma fonte, é Reino Unido o estado que
máis armamento español importa. No último ano, o
valor das exportacións cos ingleses ascendeu 862
millóns de euros. Séguenlle Francia (526) e Arabia
Saudita (293), aínda que son sinalables os 243
millóns vendidos a Turquía ou os 108 facturados a
Exipto.
A inestabilidade política en Oriente Próximo
auspiciada pola influencia rexional de países como
Arabia Saudita e Emiratos Árabes, favorece o
negocio das armas, a pesar de que segundo as
lexislacións española e europea se trata de
exportacións ilegais, precisamente por esa
situación de conflito e polo apoio que estes países
prestan aos grupos insurxentes en Siria.
No caso de Arabia Saudita, o importante volume
económico dos acordos viola os dereitos humanos por
supoñer “unha ameaza para a paz, a seguridade e a
estabilidade rexionais”, afirma o Centre Delàs nun
estudo de 2013. Ademais, existe o risco de que “o
armamento exportado sexa utilizado ou volva ser
exportado en condicións non desexadas”, continúa o
texto.
Segundo un estudo do devandito centro, o negocio da
venda de armas a terceiros países disparouse en
España desde 2004 e segue unha tendencia á alza
que, aínda que o ano pasado non creceu respecto de
2013, si aumentou en relación aos 1.953 millóns que
este tipo de comercio reportou ás empresas do país
en 2012.
No mesmo estudo para 2013 destacaban que “máis dun
terzo das exportacións españolas de armas
realizáronse a países de Oriente Próximo e,
especialmente, a países do Golfo Pérsico”, o que
para a organización “pon de manifesto a tensión
existente entre a política de fomento das
exportacións de armas e a aplicación da lexislación
vixente sobre comercio de material militar, tanto a
nivel estatal como europeo”.
A opacidade e o segredo favorece as exportacións de
armamento, asegura o colectivo, que tamén destaca
que “se segue mantendo unha política de opacidade,
xa que non se sinala o tipo concreto de armamento
que se exporta, senón que os datos agrúpanse en
categorías xenéricas”. Ademais, desde A Moncloa
tampouco se ofrece información sobre os contratos
Goberno a Goberno que negocia o Ministerio de
Defensa.
elventano
Menea e vencerás...
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript