Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 294 - 23/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS
 

25 de novembro, "Paremos o Feminicidio"

Baixo o lema "Paremos o Feminicidio", a Marcha Mundial das Mulleres convoca en Ferrol, como noutras cidades da Galiza, actos de denuncia e reivindicación para este 25 de Novembro Día Internacional Contra a violencia Machista. Pola súa parte o grupo de mulleres organizadas en Contra a Violencia Machista Acción Feminista da Coruña convoca no Obelisco concentración polo mesmo motivo.

 

  • Noticias relacionadas

 

A Coordinadora Comarcal de Ferrolterrra da Marcha Mundial das Mulleres, convoca os actos de Ferrolterra, este mércores 25 de Novembro, ás 8 da tarde, en Narón, na Praza da Gándara (monumento á Muller), para "unir as nosas enerxías ás de miles de mulleres que, arredor do mundo, estarán a denunciar e a amosar o máis profundo rexeitamento ás violencias que continuamos vivindo nos nosos corpos de mulleres". Chamán á participación "para seguir denunciando a violencia machista, e para que, xunto a outras e outros, aportemos as nosas vontades para facer realidade a utopía doutro mundo que é necesario construír, libre de violencia e de inxustizas, porque non é bo continuar con tanta dor, medo e impotencia, rabia, tristeza e frustración, polas múltiples agresións que, acotío, vivimos as mulleres".
 
MARCHAMOS POLO DEREITO DAS MULLERES A UNHA VIDA SEN VIOLENCIA!!
 
Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres!!
 
-- "As mulleres decidimos"
 
Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
http://www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
https://twitter.com/MMMGaliza
 
Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.
 
Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
16 de novembro de 2015 23:25

Recollido de Ártabra 21

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript