NÚMERO 294 - 23/11/2015
CUTUDC / Novidades
O pasado venres, día 20, o reitor, representantes de todos os sindicatos, agrupación electoral e o presidente da Xunta de Persoal asinaron o acordo que se someteu a votación o pasado día 12, garantíndose, deste xeito, a súa eficacia
O proceso de
asembleas e votación fixérase con certa premura coa
finalidade de que se puidese levar a aprobación no
Consello de Goberno previsto para o día 27 de
novembro. O día 16 deste mes, a representación do
PAS nese órgano colexiado, recibiu unha
comunicación na que se anulaba a reunión fixada
para o día 27 de novembro trasladándoa para o día
16 de decembro (mércores). Informada desta
circunstancia, a Xunta de Persoal decide, por
unanimidade, solicitar ao xerente e ao reitor a
sinatura do acordo para, como sinalamos
anteriormente, asegurar a súa eficacia ao non
facelo depender das eleccións a reitor que se
realizarán o vindeiro día 3 de decembro.
Insistimos en sinalar que o acordado remata, a
nivel de RPT, o proceso de integración dos postos
de traballo funcionarizados convertendo,
organizativamente, ao PAS desta universidade nun
corpo único no que aínda faltan moitos obxectivos
por acadar, o máis importante, ao noso xeito de ver
e polo que levamos anos loitando no que até agora
era PAS laboral, non é outro que a verdadeira
profesionalización da xestión que asegure o
funcionamento dos servizos sen a presenza de PDI.
Non esquecemos outros importantísimos propósitos
que agardan a súa consecución como son o catálogo
de funcións que, entre outras cousas permitirá
adecuar a formación ás necesidades de cada posto de
traballo, o manual de procedementos...
Neste camiño contamos coa participación de todas e
todos.
Documento asinado polo reitor, todas as centrais
sindicais, agrupación electoral e pte. da Xunta de
Persoal.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript