NÚMERO 294 - 23/11/2015
CUTUDC / Novidades
Unha vez máis as cifras non menten e ensinan a dura realidade: estudar unha carreira no Estado Español é, de media, un 18% máis caro agora, en 2015, que en 2011. O prezo medio dos mestrados disparouse ata un 64%. Pero ademais os datos non son homoxéneos por CCAA: en Cataluña estudar un grao é un 67% e na Comunidade Valenciana, estudar un mestrado, encareceuse un 200%.
As subidas de
taxas que se foron producindo aos poucos e ano tras
ano obsérvanse mellor en períodos algo máis amplos
de tempo xa que se demostra que a premisa baixo a
que se realizaron as subidas; isto é, que eran
axustes conxunturais, é falsa.
Así e de media, desde 2011, estudar un grao é un
18,7% máis caro. Nos mestrados o prezo dispárase e
agora cursar un é un 64% máis caro que fai catro
anos.
As diferenzas son máis evidentes se vemos os datos
por comunidades. En Cataluña as carreiras
encarecéronse un 67% e en Madrid un 35%. Se temos
en conta que estas dúas Comunidades reúnen ao groso
de estudantes e que, ademais, teñen a maior oferta
de carreiras, entendemos que de facto son moitos os
alumnos que sufriron unha subida maior que a media
que outorga o Ministerio. Ademais, precisamente
Madrid e Cataluña recollen a un bo número de
estudantes doutras zonas a quen a subida de taxas
afecta especialmente ao ter que facer fronte a máis
gastos.
Se analizamos a subida por carreiras, Dereito
encareceuse un 21%. En Madrid, ademais, esta
carreira é agora 76% máis cara e en Cataluña custa
un 67% máis. De novo, insistimos, Dereito é unha
carreira moi demandada polo que esta subida afectou
a miles de estudantes.
Pero a palma lévana os mestrados. A pesar de que a
subida media se sitúa no 64% os extremos
dispáranse: na Comunidade Valenciana encarecéronse
un 200%, en Cataluña un 170% e en Madrid, un 125%.
Estes datos non veñen máis que a reflectir a
realidade que vimos xa anos denunciando: o
encarecemento das taxas universitarias é unha
política que veu para quedar pois a súa finalidade
non é diminuír o gasto público en época de crise
senón, por unha banda, limitar e elitizar o acceso
aos estudos e, por outro, converter as
universidades en empresas e que estas se guíen por
criterios de rendibilidade económica.
Ademais non debemos quedarnos só nos números senón
que debemos ver como precisamente son as
Comunidades cun maior número de estudantes así como
as carreiras máis demandadas as que máis subiron os
prezos. Iso significa que son máis os alumnos
afectados polas maiores subidas.
Tampouco está de máis lembrar que, a pesar de que
este é un ataque a todos os estudantes e á
educación pública en xeral, tamén é certo que non
afecta a todas as familias por igual. Evidentemente
o que cobren os pais do alumno vai supoñer que a
este lle afecte máis ou menos a subida de taxas.
Noutras palabras: que a subida de taxas contén un
ataque clasista e que quen non pode asumila son as
familias traballadoras e non as grandes fortunas.
Ana Escauriaza. Librered
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript