NÚMERO 296 - 07/12/2015
CUTUDC / Novidades
Os colectivos que integran a coordinadora manterán unha reunión este luns para decidir novas accións en demanda da recuperación de prezos do leite.
A Plataforma en Defensa do Sector
Lácteo culminou hoxe as mobilizacións previstas
ante centros da gran distribución cun acto en
Ferrol. Para mañá programárase outro en Vigo, pero
finalmente, dada a distancia da cidade olívica coas
zonas gandeiras, desbotouse polo de agora ese acto.
O luns, os colectivos que conforman a Plataforma
manterán un novo encontro para preparar unha
segunda fase das mobilizacións.
Sobre a mesa, está a posibilidade xa anunciada de
facer tractoradas ante a Xunta, en Santiago, e ante
a Delegación do Goberno, na Coruña, así como
posibles bloqueos a centros de distribución.
Nas accións informativas realizadas esta semana
ante diversas cadeas de supermercados, os gandeiros
trataron de sensibilizar á poboación sobre o
problema de baixos prezos do sector, poñendo de
manifesto o paradoxo de que subiran os prezos do
leite no supermercado pero non no campo.
Os produtores estiveron luns en Santiago, martes na
Coruña, mércores en Lugo, xoves en Pontevedra e
hoxe venres en Ferrol. En varias das cidades, caso
de Santiago, Coruña ou Pontevedra, compareceron en
rolda de prensa cos alcaldes locais, que amosaron a
súa solidariedade co sector.
Para a semana, está prevista tamén unha
mobilización da asociación Agro Muralla o xoves 10
en Lugo.
Campo Galego
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript