Decembro de 2015
 
 

NÚMERO 296 - 07/12/2015

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALICIA
 

A Xunta dálle unha nova patada aos sindicatos

Na relación cos sindicatos maioritarios na Administración Pública de Galiza, a Xunta traspasa sistematicamente os límites do legalmente establecido. Volve a ocorrer co procedemento de aprobación do Proxecto de Lei de Ordenación da Asistencia Xurídica da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do seu Sector Público. A Vicepresidencia da Xunta de Galicia ven de remitir ao Parlamento de Galicia este anteproxecto que non pasou o trámite preceptivo da Mesa Xeral de Negociación.

 

  • Noticias relacionadas

 

Reclamamos a eses sindicatos que pola súa condición de maioritarios teñen a prerrogativa de negociar as cuestións que afectan a todos/as os/as traballadores/as da Administración Pública de Galiza, non fagan deixadez das súas responsabilidades e reclamen da Xunta, cando menos, o que legalmente está establecido.
 
Consideramos, tamén, que diante das reiteradas ilegalidades que, neste sentido, ven realizando a Xunta se activen as medidas de presión que obriguen á Xunta a actuar conforma á legalidade.
 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript