NÚMERO 296 - 07/12/2015
CUTUDC / Novidades
Os traballadores dos Xulgados de Violencia Sobre a Muller da Coruña e Vigo e os de Familia de Vigo levamos anos denunciando as situación de colapso, sobrecarga, estres, falta de medios, os recortes.. recibindo a calada no que se refire os Xdos. de Violencia sobre a Muller, ou medidas insuficientes, no caso do Xulgado de Familia, por parte da Xunta de Galicia.
Ante a falta
de interese mostrado pola Xunta de Galicia os
traballadores e Alternativas na Xustiza CUT
decidimos comezar unha campaña de información á
cidadanía da situación actual e real dos xulgados
de Familia e Violencia sobre a muller e como
afectaron os recortes.
No que se refire o Xulgado de Familia non podemos
aceptar que:
• Xulgados por riba do 178% dos módulos que marcan
o propio C.X.P.X
• As Medidas Previas á demanda (réxime de visitas,
pensión alimenticia, atribución de
domicilio familiar) se sinalen para Abril do 2016.
• Que no último Trimestre 6 demandas presentadas no
Xulgado de Familia nº 5
deriváronse o Xulgado de Violencia sobre a muller.
• Que o control semestral dos internamentos, o
redor de 150 nestes momentos, derivados da garda de
internamentos non se poda facer.
En relación os Xulgados de Violencia sobre a muller
é inasumible:
• Que as medidas provisionalísimas teñan máis de 4
meses de retraso, provocando que os menores estén
durante este tempo en contacto co maltratador.
• Que os traballadores teñan que facer xornadas de
9 e 10 horas en situación de estres.
• Que non existan psicólogos para atender
á vítima
nos primeiros momentos de shock
• Asumir os quebrantamentos, coa nova reforma
lexislativa, co mesmo cadro de persoal
• Xulgados con ventilación inadecuada, sen salas
adecuadas para as vítimas, sen espazo para as
testemuñas.
• Que se teñan que suspender dilixencias urxentes
Os Traballadores é AXG-CUT consideramos
imprescindible, na loita contra a lacra da
Violencia Machista, o bo funcionamento dos xulgados
de Familia, sobre todo a nivel preventivo, e os
Xulgados de Violencia sobre a Muller para que os
Maltratadores paguen polos seus abusos.
No día seguinte as roldas de prensa vostede
declarou nos medios de comunicación a súa intención
de reunirse cos axentes xurídicos vinculados a
Violencia de Xénero para buscar solucións ás
posibles disfuncións. Sinceramente consideramos que
os traballadores que estamos día a día traballando
coas mulleres e os menores contamos cunha
experiencia que podería ser de gran axuda para
buscar posibles solucións.
A CUT convoca folga no Xulgado de violencia de
Vigo:
Xulgado de violencia de Vigo. Preaviso de folga
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript