Decembro de 2015
 
 

NÚMERO 296- 07/12/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Son burros, burros, burros
Alguén lles tería que dicir aos candidatos que están detrás de Daniel Pena que hai que medir as palabras cando se están xogando o acadar un posto tan importante como o de reitor da universidade. O artigo que se difundiu mediante o correo electrónico e que, o día anterior publicaba a Voz de Galicia, no que se poñía en dúbida a aplicación do acordado entre Xunta de Persoal e reitor actual debería, cando menos, ter matizacións. Por un lado o acordo contemplaba a asignación de cada posto de traballo a dúas categorías, algo que estamos agardando moitas e moitos traballadores e traballadoras que recentemente nos funcionarizamos, por outro lado contempla promocións xa comprometidas no acordo de funcionarización e que xa teñen data límite, o ano 2016. Ao sr. Navarrina e ao Sr. Daniel Pena saíulles o tiro pola culata. Alguén os asesorou mal ou nin sequera pediron o parecer de ningún PAS. Así mellor que non nos gobernen.

O voto do mal menor
Teño que confesar o meu temor a que gañe Daniel Pena, por moito que, dalgún xeito se intente tapar a presenza de xente como Pazos, representativo das opcións máis radicais e intransixentes do que pode ser o abano político que hai na universidade, todos sabemos que están dando alento á candidatura de Pena. Medo me da que poidan gañar, diante desta circunstancia síntome na obriga de votar polo continuísmo, que neste momento representa o mal menor.

Gañou Abalde
A candidatura da continuidade abriuse paso con máis facilidade da esperada, polo menos por min, a vitoria de Nova Luce representa, penso eu, a defunción definitiva de agora UCD (non, equivoqueime, é agora UDC), elixiu mal a compañía e iso pode ser definitivo. Tamén me gustaría ver a cara que lle quedou cando soubo o resultado das eleccións ao sr. Méndez Salgueiro, director da Escola Universitaria de Deseño Industrial.

 

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript