NÚMERO 296 - 07/12/2015
CUTUDC / Novidades
O día 1 de decembro entrou en vigor a Orde ESS/1187/2015 de desenvolvemento do Real Decreto 625/2014, a Orde publicouse no BOE de 20 de xuño de 2015. Nesta Orde recóllese o regulamento polo que se establece o novo modelo de altas e baixas médicas para os traballadores/as afectados/as por incapacidade temporal. A continuación sinalamos os aspectos esenciais que poden ser do voso interese.
Cando entra
en vigor o novo modelo?
A partir do próximo 1 de decembro será cando todos
os médicos dos Servizos Públicos de Saúde terán que
rexerse por un novo sistema de altas e baixas.
Que novidades incluirán os partes de baixa?
Unha das principais novidades deste novo sistema é
que os médicos que dean a baixa a un traballador
deberán detallar no mesmo parte de baixa a duración
estimada do proceso.
Que tipo de baixas pode haber?
As baixas clasificaranse en función da súa
duración. Esta poderá ser:
- “moi curta”, se é inferior a 5 días naturais
- “curta”: de 5 a 30 días naturais
- “media”, se é de 31 a 61 días
- “longa” se se espera que estea de baixa máis de
61 días.
Como determinarán os facultativos a duración
estimada do proceso de baixa?
Os facultativos poderán usar como referencia as
táboas de duración óptima da baixa de distintas
patoloxías que se foron elaborando coas
estatísticas e os estudos dos últimos anos. Aínda
que, “a previsión inicial da baixa poderá ser
actualizada en calquera momento en función de como
evolucione a saúde do traballador”, explican desde
o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
O/A traballador/a deberá seguir indo pola alta?
No caso das baixas de duración "moi corta" xa non.
Así, outra das novidades do novo modelo é que nas
baixas de menos de cinco días naturais, o
facultativo poderá emitir a baixa e a alta do
traballador nun mesmo acto médico, co que este xa
non terá que ir polo parte que lle obriga a volver
ao traballo.
Cando haberá que acudir á primeira revisión da
baixa por incapacidade temporal?
No resto dos casos de baixas cuxa duración supere
os cinco días, no parte de baixa sempre deberá
figurar a data da seguinte revisión. Neste caso
tamén haberá unha novidade porque a primeira visita
ao médico deberá ser ao sétimo día da emisión da
baixa para os casos de duracións "curtas" e
"medias"; e ao día 14 para as baixas "longas".
Quen leva o control das baixas de maior
duración?
Cando a duración da enfermidade vaia máis aló dos
365 días, o control xa non o levarán a cabo os
servizos autonómicos ou rexionais de saúde, senón o
Instituto Nacional de Seguridade Social (INSS).
En que prazos deberá presentar o/a traballador/a os
partes de baixa e de alta?
O/A traballador/a deberá presentar á súa empresa a
copia dos partes de baixa e os sucesivos partes de
confirmación nos tres días seguintes á súa
expedición. E deberá comunicar a alta ao seu centro
de traballo nas seguintes 24 horas de recibila.
Como debe actuar a empresa cando recibe un parte
de baixa dun/dunha traballador/a?
A nova normativa detalla todos os datos que deberá
facilitar a empresa xunto aos partes de baixa,
confirmación ou alta que presente o/a traballador/a. En
concreto, a compañía deberá comunicar ao INSS os
datos de cotización do/da traballador/a para determinar
a base reguladora da prestación económica que lle
corresponda; a clave do código nacional de
ocupación, da provincia do centro de saúde que
emitiu o parte; e os datos identificativos do
proceso médico e da empresa a través do sistema
electrónico da Seguridade Social.
Poderán as mutuas da Seguridade Social dar a
alta a un/unha traballador/a que estea de baixa por
enfermidade común?
Non. As mutuas só poderán seguir dando altas se a
baixa está provocada por un accidente de traballo
ou enfermidade profesional. Pero si poderán seguir
"solicitando" a alta dun/dunha traballador/a
que está de
baixa por enfermidade común á Inspección Médica do
Servizo Público de Saúde.
¿Que ocorre unha vez que a mutua solicitou o
alta do/da traballador/a?
Se a Inspección non contesta á solicitude de alta
da mutua nun prazo de cinco días, ou se o Servizo
Público de Saúde da comunidade autónoma denega a
alta, a mutua poderá solicitar a alta ao INSS
directamente. Os facultativos deste organismo
estatal deberán contestar nun prazo de catro días
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript