Decembro de 2015
 
 

NÚMERO 296 - 07/12/2015

   CUTUDC / Novidades

  CRISE ESTAFA
 

O 29,2% da poboación española atópase en risco de pobreza

A European Anti Poverty Network (EAPN), na súa delegación española, publica de forma anual o informe "O estado da pobreza" sobre o risco de pobreza e exclusión social en España. Esta infografía, baseada no devandito informe, mostra os alarmantes datos da situación da pobreza e a exclusión social no Estado español.

 

  • Noticias relacionadas

 

O informe, elaborado en base á Enquisa de condicións de vida do INE de maio de 2015, publicouse o pasado mes de outubro.
 
Nel analízanse os últimos datos do AROPE, indicador utilizado en Europa encargado de medir a evolución das taxas de risco de pobreza e exclusión social en función dunha serie de factores, como o desemprego, a pobreza relativa e a privación material.
 
O Consello europeo aprobou en 2010 a chamada Estratexia 2020, que abarca varios obxectivos en materia de emprego, educación, etc., a cumprir no ano 2020. España comprometeuse a reducir en 1.400.000 persoas a poboación en risco de pobreza e exclusión.
 
Tendo en conta que en 2010 o indicador en España situábase no 26,7% e no recente informe faio no 29,2% (13.704.003 persoas), non parece que se estean levando a cabo as políticas sociais máis adecuadas. O crecemento do PIB, en definitiva, non representa a realidade da sociedade española.
 

 http://www.elsalmoncontracorriente.es/?El-29-2-de-la-poblacion-espanola

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript