NÚMERO 296 - 07/12/2015
CUTUDC / Novidades
O 1º Encontro Sindicalismo e Movementos Sociais celebrado este sábado no histórico barrio obreiro de Teis acollía no seu seo unha morea de colectivos sociais e sindicais chegados dunha grande parte do tecido social vivo, cunha intensa representación da sociedade civil organizada da comarca de Vigo.
Sindicatos
como a CUT, o STEG, o SAGAP, o SF ou o SLG e outras
entidades e colectivos sociais como FOANPA,
Asemblea Popular de Vigo, Plataforma de Afectadxs
pola Hepatite C, @s Ninguéns, PAH Vigo-Baixo Miño,
etc. e moitas voces singulares dunha manchea de
iniciativas populares locais incidiron na idea de
"insistir no que nos une, entregarse á crítica que
constrúe", nun foro marcado pola sombra dunha
sociedade que se dispara á barbarie. Por iso,
durante o receso do Encontro a concorrencia
manifestouse ao pé do Centro Cívico pola paz e
contra a incipiente e enésima guerra imperialista.
Un encontro que bota o peche con moitas conversas
prendidas, ideas pendentes e proxectos por definir.
Que chamaba a coordinar todas as axendas para sumar
forzas e evitar a multiplicidade de convocatorias,
que fixaba unha convocatoria de concentración para
o sábado 5 de decembro ás 18 horas no Marco contra
a guerra e a barbarie.
Mais sobre todo un encontro no que se acordaba unha
nova xuntanza en xaneiro para afondar na palabra,
no debate e na coordinación de loitas. Un encontro
pois con vocación de continuidade.
[FOTOGALERÍA] Fotogalería do Encontro:
aquí.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript