NÚMERO 297 - 14/12/2015
CUTUDC / Novidades
Galiza funciona como unha Colonia Interior para o Estado, para exemplo Endesa, empresa que noutrora fora pública e agora está nas mans dunha corporación transnacional, a italiana Enel -unha compañía do sector da enerxía e un operador integrado líder nos mercados mundiais de electricidade e gas, focalizado nos mercados de Europa e Latinoamérica- que posúe o 70% de Endesa, mais a súa vez Enel está participada nun case 30% de capital público italiano, sobre todo a través da Cassa Depositi e Prestiti e o propio Ministerio de Economía e un outro 70% privado con microparticipacións, mais coa importante presencia de fondos internacionais de investimento, compañías de seguros e fondos de pensións.
Endesa, a través da súa térmica
d'As Pontes, segue sendo unha das grandes
contaminadoras do medio ambiente, tanto
directamente, como indirectamente comprando o
carbón indonesio, de minas a ceo aberto que destrúe
os rios e a foresta de Kalimanta, na illa de
Borneo.
Endesa deixa un grande impacto ambiental e
paisaxístico, mais á hora de tributar fai-no en
Madrid onde ten a sede fiscal, contabilizando como
riqueza da comunidade autónoma de Madrid.
Necesitamos unha empresa pública galega de enerxía.
Non un negocio que beneficia a uns poucos e espolia
a Nosa Terra. Necesitamos soberanía para decidir
Nós na nosa Terra.
Enviado:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
9 de dezembro de 2015 18:45
Recollido de Ártabra 21
__________
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript