Decembro de 2015
 
 

NÚMERO 297 - 14/12/2015

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO
 

Novas regulamentacións

No BOE do día 10 de decembro publícanse varias resolucións que afectan aos funcionarios da Administración Xeral do Estado e que modifican as instrucións vixentes en materia de xornada e horario de traballo. Igualdade de xénero e violencia no traballo. No que se refire ao dereito á conciliación, nesta semana pasada coñecemos a sentenza do Xulgado número 18 de lo Social de Madrid, que vos reproducimos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Na Resolución do 25 de novembro de 2015, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, pola que se modifica a do 28 de decembro de 2012, pola que se ditan instrucións sobre xornada e horarios de traballo do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e os seus organismos públicos. Engádese un epígrafe para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar d@s empregad@s públic@s e introdúcese un novo epígrafe no artigo 8 no que se sinala que “Os empregados públicos que se reincorporen ao servizo efectivo á finalización dun tratamento de radioterapia ou quimioterapia, poderán solicitar unha adaptación progresiva da súa xornada de traballo ordinaria.”
 
O mesmo BOE publíca a Resolución do 26 de novembro de 2015, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 20 de novembro de 2015, polo que se aproba o II Plan para a Igualdade entre mulleres e homes na Administración Xeral do Estado e nos seus organismos públicos. Coa finalidade de ser, segundo se sinala na propia Resolución, “o instrumento a través do cal, no ámbito da Administración Xeral do Estado, se definen os obxectivos e medidas prioritarias para eliminar calquera tipo de discriminación por razón de sexo, que puidesen persistir neste ámbito, a fin de alcanzar a plena igualdade de oportunidades entre mulleres e homes”.
 
Tamén aparece a Resolución do 26 de novembro de 2015, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 20 de novembro de 2015, polo que se aproba o Protocolo de actuación fronte á violencia no traballo na Administración Xeral do Estado e os organismos públicos vinculados ou dependentes dela. Sinalándose que “Este Protocolo exponse, polo tanto, como ferramenta de uso común no conxunto da Administración Xeral do Estado para a prevención e actuación fronte aos casos de agresión, en ou con ocasión do traballo, sen menoscabo da súa adaptación ás características e problemática específica de cada Departamento ou Organismo, en función do tipo de actividade que realice e que se trata de protexer”.
 
No que se refire ao dereito á conciliación, nesta semana pasada coñecemos a sentenza do Xulgado número 18 de lo Social de Madrid, que vos reproducimos e segundo a que José, un cociñeiro del Centro de Referencia Estatal de Atención al Daño Cerebral de Madrid poderá atrasar unha hora a súa entrada ao traballo para que lle dea tempo a levar ao seu fillo á escola infantil. A sentenza é firme e non admite recurso.
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript